Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Esta mañá foi presentada a 62ª Feira do Viño do Ribeiro

O pregoeiro será Alejandro Blanco, presidente do Comité Olímpico Español

Presentación da 62ª Feira do Viño do Ribeiro. / Concello de Ribadavia.

Presentación da 62ª Feira do Viño do Ribeiro.

Ribadavia

A 62º Feira do Viño do Ribeiro pretende converter Ribadavia os próximos 1, 2, 3 e 4 de maio no epicentro da gastronomía e o enoturismo en Galicia. O evento, impulsado polo Concello de Ribadavia e o Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro (CRDO Ribeiro), chega á súa 62 edición como evento referencial no panorama vitivinícola. “A Feira permite trasladar a historia do viño do Ribeiro e da DO máis antiga de Galicia, á Galicia do século XXI”, destacou esta mañá César Fernández, alcalde de Ribadavia, na presentación oficial da cita.

Concha Iglesias, presidenta do CRDO Ribeiro, tamén enxalzou o traballo levado a cabo polos produtores e a calidade dos caldos da comarca. “Temos uns viños que son unha verdadeira marabilla, de aí a cantidade de premios colleitados nestes anos e que seguirán colleitando no futuro. Iso amosa o ben que o están facendo todas as persoas que forman parte da DO”, asegurou. Aproveitou a presentación para convidar a toda a poboación -“tanto a que coñece o Ribeiro como a que non”- a achegarse á Feira e probar “os nosos viños”.

A oferta enogastronómica da Feira, sumada ás datas escollidas,o 1 de maio é festivo nacional, anticipa unha moi boa participación.

O pregoeiro da 62º Feira do Viño do Ribeiro será Alejandro Blanco (Ourense, 1950), presidente do Comité Olímpico Español (COE) desde 2005.

A cata popular, unha das citas máis exitosas da Feira, levarase a cabo desde o venres pola tarde ata o remate da xornada do sábado. A programación tamén inclúe actividades xa habituais como os showcookings con chefs de recoñecida traxectoria, paseos no tren turístico ou actuacións musicais. Ademais, a Feira volverá contar cun espazo de conciliación para que as familias poidan desfrutar do evento.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir