Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Un convenio pioneiro en Galicia favorecerá a inserción laboral dos deportistas de alto nivel

Firmouse esta mañá no Centro de Tecnificación Deportivo de Pontevedra e permitirá tamén difundir formación e información empresarial de interese para os deportistas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asinaron un convenio co presidente de Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, para favorecer a inserción laboral dos deportistas de alto nivel e, ao mesmo tempo, difundir accións, formación e informacións empresariais de interese. O acordo pretende promover a realización de prácticas de fin de grao ou fin de máster nas empresas asociadas e difundir ofertas de emprego e oportunidades laborais destas entidades, ás que se lles fará chegar, ao mesmo tempo, as demandas de emprego dos deportistas de alto nivel.

Tamén inclúe a difusión sobre o deporte e os seus valores empresariais ou a organización e colaboración na realización de accións para dar a coñecer proxectos empresariais destes DGAN ás empresas. Por outra parte, o conselleiro de Deportes e o secretario xeral de Emprego asinaron outro convenio coa Fundación Deporte Galego para desenvolver medidas de apoio ao emprego na Oficina de Atención ao Deportista, desde a que se informa aos deportistas galegos dos recursos á súa disposición en ámbitos como a formación, a inserción laboral e a conciliación laboral-deportiva e académico-deportiva, tanto durante como despois da súa carreira deportiva. Este acordo vai dirixido a poñer en marcha accións relacionadas coa formación e o emprego a deportistas en activo e aos que xa finalizaron a súa carreira profesional e queiran reintegrarse no mundo laboral.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ofrecerá programas de formación, información e orientación, intermediación laboral ou asesoramento de cara a facilitar á deportistas galegos de alto rendemento e alto nivel acompañamento no seu proceso de inserción laboral ou apoio ao emprendemento e o autoemprego a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego. Ademais, no que se refire ás competencias profesionais, habilitaranse vías de obtención de certificados profesionais ou competencia e, a través da ferramenta Emprego Intelixente, o programa de perfilado competencial permitirá detectar as competencias profesionais requiridas para as ocupacións solicitadas co obxectivo de que incrementen a efectividade na busca de emprego.

Desde a Oficina de Atención ao Deportista tamén se canaliza o Programa de Axuda ao Deportistas (Proade) para atender as demandas sobre orientación e conciliación laboral e académica ou asistencia psicolóxica. Este programa funciona como unha ferramenta para prestar asesoramento psicolóxico, titorización e orientación no ámbito do deporte de alto nivel e formalizouse o ano pasado coa sinatura dos acordos coas tres universidades galegas para fomentar a conciliación académica de deportistas universitarios e co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co obxectivo de financiar sesións gratuítas de atención psicolóxica.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir