Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Fernando Castro Paredes gaña en Vigo o Premio Galaxia de Novela 75 Anos con “O lanzador de coitelos”

O escritor presentou un thriller literario que explora a identidade e a memoria nunha sociedade opresiva

Fernando Castro Paredes.

Fernando Castro Paredes.

Vigo

No marco da celebración do Día do Libro, o mércores 23 de abril, Editorial Galaxia anunciou o fallo do Premio Galaxia de Novela 75 Anos, o galardón literario de maior dotación económica en Galicia. O xurado, presidido por Dolores Vilavedra, outorgou por maioría o premio á novela "O lanzador de coitelos", do escritor placentino Fernando Castro Paredes.

Segundo destacou o xurado, a obra gañadora sobresae pola súa elevadísima calidade literaria e unha escritura brillante que atrapa ao lector nunha atmosfera desacougante. Enmarcada no xénero do thriller, "a novela aborda cuestións complexas como a memoria (individual e colectiva), a liberdade, a identidade e o control social levado a extremos humillantes. A narración articúlase como un xogo metaliterario e de máscaras, reivindicando ademais a relación entre a arte e o fracaso."Por outra banda, o xurado quixo destacar tamén a numerosa participación e o alto grao de calidade das obras concorrentes.

Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, 1975), profesor de Ensino Secundario cunha ampla traxectoria no teatro escolar e afeccionado, suma este recoñecemento a outros premios literarios como o Rafael Dieste e o García Barros. No seu discurso, o autor expresou a súa sorpresa e o seu "orgullo inmenso" por recibir este "premio histórico", sinalando que "en ningún momento pensou que este texto puidese ter un recoñecemento desta embergadura".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir