Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O xogo romano do muíño, en Xinzo

Para participar é necesario inscribirse

Cartel da actividade do xogo romano do muíño en Xinzo

Cartel da actividade do xogo romano do muíño en Xinzo

O venres 2 de maio, a partir das 10:00 horas, a Academia Galespace (rúa Curros Enríquez, 56) acollerá un novo obradoiro didáctico sobre o xogo romano do muíño, organizado pola asociación Cultural Civitas Limicorum en colaboración coa propia academia.

A actividade está dirixida a público infantil e xuvenil e forma parte dun proxecto máis amplo que comezou a principios deste ano 2025, con sesións formativas nos dous centros públicos de Educación Primaria de Xinzo: o CEIP Carlos Casares e o CEIP Rosalía de Castro. Ao longo destes meses, o alumnado puido achegarse á historia, as regras e o valor educativo deste ancestral xogo romano de estratexia.

O obxectivo final desta iniciativa será a celebración dunha gran final intermunicipal co alumnado participante do Arde Lucus (Lugo), prevista para o sábado 21 de xuño pola mañá en Xinzo de Limia, nun acto simbólico de colaboración entre ambas festas históricas.

A inscrición para o obradoiro do 2 de maio é gratuíta, e debe realizarse previamente a través do seguinte formulario: (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe0ZsLrxAokCNjDFUyqHzprcj8Wa3zYjWuc-weCvTo-iJ5pxw/viewform).

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir