Maite Ferreiro:"O PP critica ó San Froilán, a Xunta só da 25.000 euros, pero logo ben que veñen en comitiva"
A concelleira de cultura afea a ausencia de grandes eventos en Lugo "como os que fan noutros lugares do país"
Maite Ferreiro, concelleira de cultura de Lugo
Lugo
O que iba a ser a presentación do cartel do Caudal Fest 2025 rematou por convertirse nun debate sobre canto aporta a Xunta de Galicia á celebración de concertos e eventos na cidade.
O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, dicía estar "aberto a toda colaboración" que se propoña dende o concello, iso si, sempre e cando se fixese de xeito oficial.
Arias afeaba ao BNG a dinámica de reclamar unha maior involucración económica da Xunta "en prensa" ou "cando xa pasou", pero nunca polos cauces oficiais.
Dende a concelleira de cultura, Maite Ferreiro amósase sorprendida ante tales declaracións xa que, cos papeis sobre a mesa, asegura ter enviado "até en tres anos diferentes, un escrito solicitando unha maior inversión nas festas lucenses que xamáis foron contestadas".
A nacionalista recorda que a Xunta da ás patronais de Lugo 25.000 euros, unha cuantía moi baixa "para unhas festas que son de todos e de todas as lucenses".
Ferreiro insiste en que os concertos dese mes de outubro serán de balde, pero se a Xunta quere apostar "como fai polo resto do país", por eventos de caracter de privado "teñen a súa disposición autidorios e espazos públicos para usalos".
Arias recordaba que as actuación de Kiki Morente e Marina Reche foron costeadas pola Xunta e Ferreiro comenta que "a maiores deses nada máis trouxeron, que eu saiba".
E mentres Lugo agarda, artistas como Lenny Kravitz, Chayanne, Maná, David Guetta, Camilo ou Salvador Sobral actuarán en cidades como A Coruña, Santiago, Sanxenxo ou Ferrol.
A concelleira nacionalista tamén critica a "mentira" que o Partido Popular difunde dicindo "que o Auditorio Fuxan os Ventos está secuestrado por nós cando o que se fixo foi permitirlle as agrupacións de Lugo inauguralo. Algo que agradeceron moito".
Di a nacionalista que "sempre fan o mesmo, critican todo, do San Froilán non lles gusta nada do que facemos, pero logo ben que veñen en comitiva".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo