Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Coruña homenaxeará ás cantareiras con diferentes actos coincidindo a celebración das letras galegas

Entre as celebracións haberá foliadas nos Xardíns de Méndez Núñez e actuacións en prazas como a do Humor ou Azcárraga.

Andy Perez

A Coruña

O Concello da Coruña homenaxeará en María Pita o vindeiro venres 16 de maio ás cantareiras galegas. Un acto que concide coa véspera do Día das Letras e que se enmarca de catro días con música, baile, teatro e diferentes encontros. A alcaldesa Inés Rey destacou o papel destas mulleres como transmisoras da cultura e o idioma na tradición oral.

Entre as celebracións haberá foliadas nos Xardíns de Méndez Núñez e actuacións en prazas como a do Humor ou Azcárraga.

Catro días de actividades culturais para recoñecer o legado das cantareiras

O Concello da Coruña presenta unha programación especial polo Día das Letras Galegas 2025, dedicada este ano ás cantareiras, figuras clave da cultura popular galega. O programa desenvolverase entre o 16 e o 25 de maio, con música tradicional, teatro, baile e actividades para todas as idades.

A homenaxe céntrase nas sete mulleres recoñecidas pola Real Academia Galega: Adolfina Casás, Rosa Casás, Eva Castiñeira, Manuela Lema, Teresa García, Prudencia Garrido e Asunción Garrido. A alcaldesa, Inés Rey, salientou que “desde o Concello celebramos este recoñecemento a mulleres que durante xeracións foron transmisoras da cultura popular, da lingua e da historia colectiva a través da música”.

Acto institucional en María Pita

O venres 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, a praza de María Pita acollerá o acto institucional de homenaxe ás cantareiras. “Homenaxealas supón un acto de xustiza e unha forma de recoñecer a súa aportación fundamental á cultura e á defensa da nosa lingua”, afirmou Inés Rey.

Ao acto asistiron artistas e representantes de entidades culturais como Donaire, Aturuxo, Xacarandaina, Cántigas da Terra, Breo, Carabela ou Espadana, entre outros. O cartel da programación foi deseñado pola artista coruñesa Ana Seoane.

Catro días de programación cultural

A programación esténdese durante catro xornadas principais: do 16 ao 18 de maio, e o domingo 25. Os xardíns de Méndez Núñez serán escenario central das foliadas e actuacións das agrupacións culturais coruñesas, mentres que o Campo da Leña acollerá concertos de artistas como Ortiga, Zavala, Ulex, Belém Tajes ou Eris Mackenzie.

Haberá tamén actuacións en diferentes prazas da cidade como Azcárraga, San Andrés, Humor ou José Sellier, así como concertos no Teatro Colón (con Treixadura o día 16 e a Banda Municipal o 18) e unha gala especial polo 70 aniversario de Aturuxo no Teatro Rosalía de Castro.

Conversa sobre as cantareiras na Fundación Luís Seoane

O domingo 25 de maio, a Fundación Luís Seoane acollerá unha conversa especial arredor das sete mulleres homenaxeadas. Participarán persoas vinculadas á música tradicional e á investigación cultural como Richi Casás, Isabel García, Icía Varela ou Xosé Manuel Varela, e pecharase co concerto do dúo Casás&Barcia.

Actividades paralelas para todos os públicos

A Festa das Letras complétase con actividades durante todo o mes de maio e principios de xuño, como:

  • Exposición sobre Aturuxo e as Pandereteiras de Mens (ata o 1 de xuño, en Salvador de Madariaga).
  • Andainas culturais con Xurxo Souto (3, 7 e 14 de xuño).
  • Espectáculos infantís dentro do programa Apego (6, 27 de maio).
  • Concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria no AgoraSón (30 de maio).
  • Concurso de música tradicional Xacarandaina (25 de maio).

Recoñecemento ao legado feminino na música tradicional galega

As cantareiras homenaxeadas este ano teñen un vínculo especial coa cidade da Coruña. Moitas delas viviron ou desenvolveron parte da súa traxectoria na cidade. A súa memoria é testemuña viva dunha Galicia oral, feminina e resiliente.

“Homenaxear ás cantareiras non é só celebralas, senón tamén recuperar o hábito de escoitar: ás persoas maiores, ás voces esquecidas, ás músicas que falan dunha terra e dunha maneira de sentir”, concluíu a alcaldesa.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir