"Cambadelas, extremismo e intolerancia": o escenario imposible para un pacto polo galego
Volven quedar evidencias as posturas moi afastadas entre a Xunta e o Bloque Nacionalista Galego
López Campos se dirige a la oposición durante el transcurso del pleno en el Parlamento (Foto: Mónica Arcay / Xunta) / Mónica Arcay
Santiago de Compostela
O pretendido consenso arredor do pacto pola Lingua que dende hai sete meses persegue a Xunta semella cada día máis afastado de converterse en realidade. O conselleiro de Cultura deixou moi claro no Parlamento que a postura que defende a Xunta non vai atopar puntos de encontro coas demandas que fai o BNG.
José López Campos acusou ós nacionalistas de "poñer cambadelas" ás negociacións, de tratar de imponer condición "maximalistas e extremistas" para así facer imposible chegar a un entendemento. López Campos avisa ó BNG de que "quedará fóra" das conversas e que a Xunta "seguirá adiante" no seu propósito de conseguir un Pacto pola Lingua o máis amplo posible.
Máis alá das críticas ó BNG, o conselleiro recoñeceu que "a lingua necesita un impulso", sobre todo entre a xente nova, aínda que chamou a non "autoflaxelarse" ante a perda de falantes, xustificando que o idioma galego é o máis falado entre as linguas minoritarias do Estado.
Dende a oposición, o BNG insiste na súa liña vermella: a derrogación do decreto do plurilingüismo, ó tempo que acusa ós populares de "pechar a porta a calquera posibilidade de acordó nun momento de emerxencia para a nosa lingua". O PSdG pídelle ó conselleiro que "deixe de marear a perdiz" e que faga do Pacto pola Lingua una "cuestión de Estado".