Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Mais de 2.000 alumnos da provincia da Coruña participan na 25ª edición do Correlingua

A alcaldesa Inés Rey destaca o compromiso da mocidade coa lingua galega

A Coruña

Mais de 2.000 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos da provincia da Coruña reuníronse esta mañá na cidade con motivo do Correlingua. O obxectivo: realizar un percorrido polo paseo marítimo para reivindicar o uso do galego na sociedade. A camiñada terminou #ante a Torre de Hércules, onde a alcaldesa Inés Rey dirixiuse a eles no 25 aniversario desta in

Todos estes mozos chegaron acompañados polos seus profesores dos concellos da Coruña, Laracha, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Oleiros, Ponteceso e Pontedeume.

A alcaldesa Inés Rey destaca o compromiso da mocidade coa lingua galega

A Coruña acolleu esta mañá a edición número 25 do Correlingua, unha cita xa consolidada que reivindica o uso da lingua galega entre a mocidade. Máis de 2.200 estudantes de diferentes centros educativos da cidade e doutros concellos da contorna participaron nun percorrido que se estendeu desde o Palacio dos Deportes ata a Torre de Hércules, entre cantos, lemas e pancartas en defensa do galego.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sumouse ao evento e puxo en valor a implicación dos centros participantes: “Ver aquí xuntos a rapazada de A Coruña, Oleiros, Arteixo, Cambre, Pontedeume... é unha mostra clara de que hai unha xeración que aposta polo galego. Non lle dades as costas: organizades actividades durante todo o ano para que a lingua sexa parte viva das vosas vidas”. Rey tamén destacou a importancia de fomentar o uso do galego fóra das aulas, no día a día.

O acto estivo conducido pola actriz Isabel Risco e contou cunha actuación musical da artista Pauliña. O alumnado do IES Breamo de Pontedeume, gañador do concurso de lemas desta edición, foi o encargado de ler o manifesto.

Como colofón, entregáronse premios aos centros máis destacados: o CEIP Juana de Vega de Oleiros foi recoñecido como o máis animado, mentres que o IES Agra do Orzán recibiu o galardón pola mellor pancarta. Ambos foron agasallados cun lote de libros cedido polas Bibliotecas Municipais da Coruña.

O lema escollido para esta 25ª edición foi "A mocidade activa por unha lingua viva", un slogan que resume o espírito dunha iniciativa educativa que conta co apoio do Concello da Coruña e que se desenvolve ao longo de todo o ano con actividades que promoven o uso do galego entre a mocidade.

Centros participantes

A Coruña: IES Agra do Orzán, IES Monelos, IES Fernando Wirtz, CEIP San Francisco Xabier, IES Puga Eusebio da Guarda, IES Menéndez Pidal, CEE María Mariño, CEIP Torre de Hércules, CEIP de Zalaeta, CEIP Sagrada Familia, IESP Neira Vilas

A Laracha: IES Agra de Leborís

Arteixo: CEIP Ponte dos Brozos

Cabana de Bergantiños: CPI As Revoltas

Camariñas: CEIP Plurilingüe Ponte do Porto

Cambre: IES Alfonso X O Sabio, IES David Buján

Carral: IES de Carral

Cerceda: CPI Plurilingüe O Cruce

Culleredo: CIFP Universidade Laboral

Oleiros: CEIP Juana de Vega

Ponteceso: IES Eduardo Pondal

Pontedeume: IES Breamo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir