Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Adiado o Correlingua en Vigo por mor da chuvia

A carreira escolar pola lingua pasará a celebrarse o venres 23 de maio

Correlingua Vigo

Correlingua Vigo

Por mor das previsións meteorolóxicas adversas, a organización do Correlingua decidiu adiar a cita prevista para este venres 9. A nova data será o 23 de maio. Os centros participantes xa foron informados do cambio e manteranse as actividades previstas tal e como estaban planificadas.

Horarios e programación

A información do encontro é a seguinte:

  • Hora: A partir das 10:30h
  • Día: venres, 23 de maio de 2025
  • Lugar: Vigo

O programa para o día é o seguinte:

Castrelos: alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria.

  • 11:00h Presentación a cargo de Isabel Risco
  • 11:10h Paco Nogueiras
  • 11:45h Fin do espectáculo de infantil

Praza do Rei

  • 10:30 Chegada dos centros á Praza do Rei
  • 11:00 Saída do CorrelinguaPraza do Rei, Avda. Camelias, Praza de América, Avda. Castrelos
  • 12:00 Chegada ao Parque de Castrelos
  • 12:15h Presentación a cargo de Isabel Risco, lectura do manifesto.
  • 12:30h Pauliña
  • 13:10h Fin

25 anos de carreira escolar

Correlingua alcanzará o vindeiro domingo 23 de maio un cuarto de século de existencia coa participación de 1.800 escolares de 20 centros docentes de Vigo e da súa área. "É un día de festa, reivindicativo e participativo", asegurou este luns a concelleira de Educación, Olga Alonso, ao presentar con Anxo Terán, presidente da Asociación Cultural Correlingua, a nova edición que se celebrará baixo o lema "A mocidade activa, por unha lingua viva". A Praza do Rei de Vigo será o punto de partida da marcha pola lingua que finalizará no Parque de Castrelos.

Información de servizo

A organización lembra ás persoas asistentes a importancia de traer roupa cómoda, gorra, auga e algo para merendar. A participación tamén se anima con cartaces e pancartas feitas polo propio alumnado, convertendo esta cita nunha verdadeira festa da lingua galega.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir