Música e pancartas para reivindicar o dereito a vivir en galego
O Correlingua 2025 reuniu en Compostela a 1.400 estudantes de 17 centros
Correlingua 2025
Santiago de Compostela
Centos de estudantes de Primaria e Secundaria saíron á rúa este xoves para reivindicar o seu dereito a vivir en galego. A edición número 25 do Correlingua transcorreu entre cánticos, música e moita cor. A Alameda de Santiago encheuse con rapaces e rapazas de 17 centros cunha actitude tan comprometida como festiva.