Música

O conservatorio e a Escola de Música de Ribadavia prepáranse para o novo curso

Contámosche todos os detalles dos prazos

Para preinscribirse poden recoller o formulario e entregalo na secretaría do centro ou na Casa da Cultura, na imaxe. / red

Ribadavia.

Durante todo o mes de maio está aberto o prazo para preinscribirse no Conservatorio Profesional e na Escola Municipal de Música de Ribadavia.

Poden anotarse nenos a partires dos 3 anos, coa posibilidade de iniciarse no curso de Música e movemento na Escola Municipal e con matrícula gratuíta para os empadroados.

A partir dos 6 anos, e sen límite de idade, pódense elixir instrumentos e materias complementarias.

Para estudos oficiais no Conservatorio Profesional, a idade mínima é de 8 anos, segundo a LOE.

As especialidades ofertadas son: piano, guitarra, violín, frauta, saxofón, percusión, clarinete, trompeta, trompa, trombón, tuba, bombardino e moito máis. Tamén para persoas adultas, con horarios adaptados ás necesidades de horarios.

Para preinscribirse poden recoller o formulario e entregalo na secretaría do centro ou na Casa da Cultura.

Ademáis para máis información poden dirixirse as redes sociais e incluso enviala a través do correo electrónico: cmus.profesional.ribadavia@edu.xunta.es ou por WhatsApp ao: 618 745 794.

O prazo para a formalización de matrícula é do 16 ao 30 de xuño.

Para máis información poden recurrir aos números de teléfono 618 745 794 ou 988 471 900. Tamén a través do correo cmus.profesional.ribadavia@edu.xunta.es.