A Vivir Galicia
Sociedad

Antía Cal, a muller que revolucionou a escola en Galicia

Introduciu a ensinanza bilingüe, nunha época na que as clases non se podían impartir en galego, pero sempre defendeu a nosa lingua

Antía Cal, a muller que revolucionou a escola en Galicia

Santiago de Compostela

Antía Cal, filla de emigrantes galegos en Cuba, foi a muller que revolucionou a escola en Galicia. Fixo unha defensa activo do noso idioma, inculcoulle aos alumnos o amor pola nosa lingua, e na época na que estaba prohibido ensinar en galego mantivo o idioma vivo fóra das aulas.

No colexio Rosalía, influida polos grandes pedagogos europeos cos que tivo relación, introduciui a ensinanza bilingüe en castelán e inglés. E quixo situar aos grandes intelectuais galegos ao mesmo nivel que os internacionais.

Así, Antía Cal é a protagonista da quinta entrega de 'Mulleres que fan historia' con María Xosé Porteiro no A Vivir Galicia, logo de ter coñecido a Francisca Herrera Garrido, Andrea López Chao, Isabel Zendal e María Mariño.

Iñigo Caínzos

Redactor en Radio Galicia desde abril de 2019....