Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Día das Letras Galegas en Sandiás

Haberá un obradoiro de educación vocal e concerto de cantigas populares

Sandiás celebra o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ás cantareiras, co obradoiro de Lucía Casal e Cristina Asenjo que inclúe actividades de educación vocal, recollida de música popular e concerto de cantigas populares con pandereteiras e acordeón.

O Concello de Sandiás organiza este obradoiro no marco da programación cultural de verán a outono deste ano 2025 a través do convenio que ten co Proxecto Cultural da Furgoteca.

O obradoiro estará coordinado por Lucía Casal e Cristina Asenjo e terá lugar o sábado 17, o mesmo Día das Letras Galegas, ás 18.30 h na Casa de Cultura do Concello. Trátase dunha iniciativa aberta a todos os públicos.

Lucía Casal ocuparase do obradoiro de educación vocal de corte didáctico e práctico, buscando a participación das persoas asistentes. Nel explicaranse tamén as implicacións emocionais da voz como ferramenta expresiva, e como se fan as recollas de música popular oral polos pobos de Galicia. Despois, xunto con Cristina Asenjo, levarán a cabo un concerto de cantigas populares a dúas voces, acompañadas por pandeiretas e acordeón.

Compre realizar inscrición no teléfono do Concello de Sandiás, o 988 46 50 01. de 9.00 h a 14.30 h de luns a venres, coa finalidade de facilitar a organización do obradoiro.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir