Celebramos con As Lagharteiras as Letras Galegas: "Somos unha terra de pandereteiras"
Galicia homenajea en este 2025 a las cantareiras, a la poesía popular oral y sobre todo, a todas aquellas mujeres que lograron mantener viva nuestra cultura popular

En esta semana das Letras Galegas, Radio Vigo tamén quere homenaxear ás grandes protagonistas deste 17 de maio, as cantareiras. Facémolo da man de As Lagharteiras, grupo de música tradicional desta comarca, voces coas que coreamos a Oliveira dos Cen Anos.
Personificado nas catro pandereteiras de Mens, de Malpica, pero homenaxeando a todo o colectivo, a tódalas cantareiras e pandereitas do pais. Esas son as Letras Galegas deste 2025. Homenaxes das que saben moito as Laghateiras, as pandereiras que moitos de nós descubrimos grazas ao himno do Celta de C Tangana. Elas tomaron o seu nome dunha cantareira de Pazos de Borbén "Era de María Lagharteira, unha pandereteira das da Ermida, unha muller chea de forza a que admirábamos, ao igual que as súas compañeiras e nos pareceu un xeito bonito de chamarnos e de tomalo por bandeira", cóntao Marta Valladares, unha das Lagharteiras, xunto con Uxía Diz, María Vilariño, Belén Tievo, Patri Sobreira, Leticia Rodriguez Pais e Tamara Costas. Esta última, explica o necesario que era este recoñecemento. "Está personificado nunha pandereteiras pero eu ata vexo na homenaxe a miña ávoa, porque ao final a poesía popular non deixa de ser todo o que facían, os refráns, os cantares de cego, os romances, as cantigas...que ávoa non cantou?, pregúntase Tamara.
Letras, coplas e cantigas, donde As Lagharteiras ven comunidade, entendemento, feminismo e sororidade. "As cantigas falan da casa, do coidado, de mulleres empoderadas que sacaban adiante as súas familias. É a aprendizaxe de vida que elas nos deixaron".
Un legado que, din, é unha responsabilidade: o de aprenderlles aos pequenos de onde veñen e tamén cara onde van. Porque esta homenaxe chega nun momento no que a música en Galicia está vivindo toda unha explosión do tradicional. "É certo que nos últimos anos está saíndo moita música que chega a moitas persoas e, que doutra forma, non se chegaría problablemente. Por exemplo, nós con himno do Celta, ou artistas de renome de hoxe en día. Pero é certo que tamén hai que apoiar a todas as asociacións que levan moitos anos facendo recollidas e traballando para esta cultura non se perda", explica Tamara.
Unha cultura e unha identidade que as Lagharteiras enxalzan cada vez que collen unha pandeireta ou cando suben a un escenario. A próxima cita o 24 de maio, homenaxeando ás pandeireteiras da Ermida. "Para ben, somos unha terra de pandereteiras", di Marta.
Mentras elas continúan a traballar coma sempre, de vagar, no seu proxecto de longo percorrido. Unha viaxe que comezaron no 2007 e na que aínda teñen moito que ensinar, que cantar e tocar...




