Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Libros, música e espectáculos este sábado na Feira do Libro Galego en Tui

El Paseo da Corredoira acogerá todas las actividades para conmemorar las Letras Galegas

Entrevista ao historiador Bieito Alonso, pregoeiro da Feira do Libro Galego de Tui

Entrevista ao historiador Bieito Alonso, pregoeiro da Feira do Libro Galego de Tui

00:00:0009:47
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Tui

26 edicións cumpre a “Feira do Libro Galego” de Tui, que achega a produción editorial galega á veciñanza, visitantes e lectores. Este sábado no Paseo da Corredoira as librarías locais, Libraría Iris e Libraría Nobel ocuparan 15 postos de venda onde se amosarán as novidades tanto literarias como de non ficción para a infancia, mocidade e lectores adultos, cun desconto do 10%.

A inauguración da feira terá lugar ás 12:00 h co pregón a cargo do historiador Bieito Alonso. Foi profesor de xeografía e historia no ensino secundario, traballando tamén no Lycée International de Saint-Germain-en-Laye (Francia) e en Rabat. Historiador e autor dun número importante de obras, entre as que destacan: Breve historia do nacionalismo galego (1999), O exilio de Castelao. 1939-1950. Pensamento e acción política (2000), Obreiros alén mar. Mariñeiros, fogoneiros e anarquistas galegos en New York (2006), ou Inimigos ás portas. Frank López e o anarquismo global (2024).

Ao longo da xornada celebraranse diversas actividades de animación e música. A Compañía Espectácular actuará ás 12;30 h cunha proposta para público familiar titulada “Os mundos de Elisa”. Ás 18:00 h será a quenda de María Faltri co “Coa pandeireta na man”; un espectáculo para achegar ás máis pequenas e pequenos a riqueza da música tradicional galega e á importancia da tradición oral.

O programa de actividades pecharase ás 19:30 h coa actuación das cantareiras da asociación cultural “Darraia”, que comezou a súa andadura en outubro de 2017, como unha aula da escola de música tradicional da Asociación Cultural San Telmo de Tui. Dende a agrupación trabállase na recuperación da música e do baile tradicional, cita imprescindible nesta xornada en que o Día das Letras Galegas está dedicado á poesía popular oral que ten nas cantareiras unha das súas expresións máis acaídas.

Ao longo da toda a xornada na Oficina de Turismo se poderán visitar unha a exposición de ata dez pósters dedicados as cantareiras populares realizados polo alumnado doutros tantos centros educativos tudenses.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir