¿Hai futuro para as cantareiras en Lugo?
Dende as 'Cantareiras de Xanares' até 'De Ninghures', repasamos as diferentes formas de preservar a tradición oral no Día das Letras Galegas
Volve escoitar o programa especial de Hoy por hoy Lugo adicado ás cantereiras polo día das Letras Galegas
Lugo
Non hai galego mal falado nin cantiga mal cantada. Afinadas ou non, o importante é que as gorxas dos máis mozos segan a entonar os cantos que lle ensinaron os seus antepasados.
Este ano as Letras Galegas adícanse á figura das cantareiras. Esas mulleres que con pandeireta ou sen ela cantaban para sobrelevar a pena, compartir un anaco de tempo xuntas ou divertirse.
Todos medramos con algunha cantareira. Nas aldeas de Galicia raro era atopar unha avoa que non cantase unha e outra vez esa cantiga que nos viu medrar.
Persoas coma Quique Peón percatáronse do importante que sería salvagardar esas cantigas. Facelas perdurar no tempo e que non desaparecesen cadansúa cantareira.
"Creo que foi un acerto investigar e escoitar pandereteiras. Dende as nosas nais e avoas, ata o primeiro grupo que se creou nos anos 80", ralata Quique, quen se adicou a ir aldea por aldea anotando dada un destes cantares.
"Penso que non contábamos chegar a actualidade cun exército de pandereteiras e pandereteiros", conta con ledicia. "Estamos a falar dunhas 40.000 persoas vencelladas a bailes, bandas de gaitas, pandeireteiras...", exemplifica.
Tras uns 50 anos de percorrer aldeas en búsqueda de toque e baile, Peón recoñece que é "unha pasada o que temos".
Novas xeracións
Veñen pisando forte. Non semellan ser fráxiles coma o cristal. Noa Pajón ten 17 anos e ven pisando forte: "Medrei entre cantareiras. Esta é a miña cultura e quero seguir manténdoa. Para min é o natural".
Non vive afastada das novas tecnoloxías ou redes sociais, pero no seu día a día sempre hai oco para "o tradi".
"Quedamos para ir as festas, as foliadas, para nós é moi divertido". Nesas folaidas tivo orixes un proxecto case recén saido do forno: As Cantareiras de Xanares.
"Somos moitas de 16 a 20 e algo, e todo naceu porque íamos ás foaliadas e seráns xuntas, e fixemos Cantareiras de Xanares", conta Pajón.
Son un grupo "interxeracional". Alí cantan, ensaian e conviven nais, avoas e netas. A idade non é un problema.
A súa mestre é Lucia Real. Dirixe o grupo e recoñece ser unha cantareira "do rural" que apredeu no colo da súa avoa as cantigas e coplas que hoxe leva impresas para o seu equipo.
"Temos que ensinarlles de onde vimos para que as novas xeracións manteñan os que outras xa aprendimos de pequenas. É un orgullo ver a estas nenas quedar nas casas, cantar e bailar. Gozan do tradi", confesa.
Reinventar a tradición
Tan importante é non perder as coplas e cantigas tradicionais coma darlles unha segunda vida. O grupo con orixes en A Fonsagrada 'De Ninghures' ten claro que a música é fundamental para "saber onde queremos ir".
Adrián Méndez é un dos compoñentes do grupo e xa dende a universidade tivo claro que había que investigar sobre a cultura galega.
Coñeceu a Quique Peón mentres investigaba sobre a evolución da música galega para dar forma ao seu Traballo de Final de Grado.
"Eu non tiven a sorte de que meu pai ou miña mai me cantasen, ainda que si que descubrin que miña avoa bailaba, pero temos xente como Quique Peón, a súa irmá Mercedes Peón, Fuxan os ventos... todas esas perosas que grao a grao fixeron unha montaña e grazas aos que agora temos o que temos", di Méndez.
O grupo 'De Ninghures' adapta o de antes aos tempos que corren. A raíz dunha copla cantada por Salomé, de Arzúa, crearon unha das cancións do seu último traballo: 'O último baile'.
"O obxectivo é sobre todo poñer en valor, neste caso Salomé de Arzua, a cantareira, e chegar á rapazada nova. Chegar a certo publico é complicado. Neste segundo disco queixemos achegarnos a uns tintes máis modernos que fai moita falta e realmente é o futuro", reflexiona.
Quen era Salomé?
Salomé era unha señora "moi sabia cando a recolleu Dorothe Schubart, e non tivemos que tocar a letra, pero si que a veces temos que facer un cribado para adaptarnos aos tempos, daquela habia letras que ao mellor agora non viveimos ou non nos encaixa e temos que darlles unha volta", di.
Este grupo xa tiña gañas de lanzarse á música dende ben novos. "Nos con 18 anos xa nos picaba todo esto das foliadas, e De Ninghures xuridu na foliada Da Fonsagrada e sobre todo na de melide, non nun festival de non sei onde", recorda.
Rozalen, Vetusta Morla... e un largo etc de grupos se interesaron pola tradición galega. Mondra, Tanxugueiras, Fillas de Casandra ou Ortiga, o panorama de música en galego goza de moi boa saúde, algún día se lles adicará un futuro 17 de maio?