Miles de persoas percorren Compostela en defensa da lingua e do seu futuro
Entre gaitas e pandeiretas, a cidadanía pide unha resposta política á situación de "emerxencia lingüística"

Europa Press

Santiago de Compostela
"Galiza ten futuro en galego". Diso están convencidas as miles de persoas que encheron as rúas de Santiago de Compostela no Día das Letras Galegas. Unha mobilización que tivo lugar nun contexto de preocupación polos datos que amosan o descenso no uso do galego, que se atopa en mínimos históricos.
Entre gaitas e pandeiretas, a cidadanía pediu á Xunta un xiro na súa política lingüística. Trátase, din, de "cumprir a lei", nun momento crítico para o idioma. Unha resposta contundente, na xa tradicional manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego
Dende a Alameda ata a praza do Obradoiro, resoaron os cánticos nas voces de nenos e maiores, familias e amigos, que reivindicaban a necesidade e usar e de darlle valor ao galego. Denuncian a situación de "emerxencia lingüística" e a necesidade de aplicar cambios para intentar revertela, como fixeron nun pasado as cantareiras, ás que se lles adica este Día das Letras Galegas.




