Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Todo a punto para a 10ª edición do Ouren Sound Fest

"Co seu cartel máis potente"

Presentación do Ouren Sound Fest.

Pereiro de Aguiar.

Do 22 ao 25 de maio, o Complexo de Monterrei albergará a 10ª edición do Ouren Sound Fest, cun cartel que aglutina ao máis punteiro do panorama indie nacional, como son Dani Fernández, Viva Suecia, Siloé ou Sexy Zebras, así como artistas galegos consolidados como son Xoel López ou Guadi Galego.

Na presentación deste evento cultural, esta mañá “un motivo máis para sentirnos orgullosos do que somos capaces de traer a esta provincia”, recalcou Luis Menor, participaron tamén o director do certame, Rubén Álvarez; o responsable de Mahou en Galicia, Hugo Pérez; o xefe territorial de Turismo en Ourense, Cecilio Santalices; e a directora territorial de Cultura na provincia, Sandra Quintas. O director do Ouren Sound Fest quixo felicitar expresamente á Deputación “polo seu compromiso, cunha financiación acorde á dimensión deste festival que presenta o seu cartel máis potente”.

Dende a organización confían en que se superarán as 14.000 entradas previstas, coa estimación de que o 40% serán de fóra de Galicia.

O festival comezará o xoves 22 de maio na praza da igrexa de Pereiro de Aguiar, con conocertos de Helena (19.45h) e HYDN (20.45h). O venres, 23 de maio, trala apertura de portas ás 18.30h, actuarán Duendeneta, Gargantúa, Siloé, Dani Fernández, Sexy Zebras e rematará a xornada con Carlos Crespo & Kris K DJs. O sábado, 24 de maio, a apertura de portas será ás 17.00 horas, coas actuacións de Martin Bruhn DJ (Vibra), Neverland Bari, Guadi Galego, Xoel López, Viva Suecia, Ultraligera e rematará a xornada con Hoonine. O domingo 25 de maio, a praza da igrexa de Pereiro de Aguiar acollerá a actuación de Pakolas Ramona Orbita.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir