Cangas inaugura este venres a XXV Bienal Internacional de Arte no Morrazo
O certame artístico está dotado con 12.000 euros en premios e 41 obras seleccionadas

XXV Bienal Internacional de Arte no Morrazo

O vindeiro venres 23 de maio ás 20h00 inaugurase no Auditorio Municipal de Cangas a exposición da XXV Bienal Internacional de Arte do Morrazo.
Nesta edición, o certame está dotado con 12.000 euros en premios. Na presente mostra foron seleccionadas 28 pinturas e 13 esculturas, de autoras e autores de dentro e fóra de Galicia, das catro provincias galegas, Andalucia, Asturias, Madrid, Portugal, Arxentina, México e Venezuela.
Catro pezas premiadas
Haberá catro pezas premiadas, das cales tres están dotadas con 3.000€ de premio cada unha; a cuarta distinción, dotada coa mesma dotación económica, corresponde a unha Bolsa de Estudos de Posgrao en Formación Artística.
A persoa gañadora da Bolsa de estudo recibirá o premio de 3.000€ no momento que demostre documentalmente a realización de estudos de postgrao na universidade.
O Concello de Cangas como organizador, co patrocinio de Frigoríficos del Morrazo S.L. e coa colaboración da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo, e da Deputación Provincial de Pontevedra, levan adiante esta Bienal coa finalidade de fomentar as Belas Artes e estimular a creatividade promoven este certame artístico.




