Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A banda alemá Nativo chega o sábado á Rebullón coa súa fusión de estilos única

Actúa o sábado 31 ás 21 horas, xunto coa banda ourensá TanDuB, con entradas desde só 10 euros en anticipada

Nativo.

Nativo.

Vigo

A xira conxunta “Soy Tour” de Nativo e os ourensás TanDuB desembarca este sábado, 31 de maio, ás 21 horas na sala Rebullón, unha noite de música fusión para gozar en vivo.

Nativo é unha banda Crossover que fusiona diferentes xéneros musicais, tales como o reggae, o funk, o rock, a cumbia, o hip hop e ata a música árabe, creando así un son único e característico.

Creada en Kiel (Alemaña), Nativo trata aspectos sociais nas súas cancións, como a importancia de preservar e manter unha conexión coa natureza e o entendemento intercultural. Desta forma, a banda ofrece ao público un espectáculo en directo cheo de enerxía e baile, “unha festa consciente”, en verbas dos propios integrantes de Nativo.

TanDuB

O grupo vén á Sala Rebullón acompañado de TanDuB, un proxecto que fusiona a música tradicional gnawa (do norte de Marrocos) con outros xéneros como o reggae, o drum&bass ou a electrónica. Mesturan instrumentos clásicos dunha banda, a electrónica e instrumentos tradicionais marroquís, como o hajhouj ou as carcabas, para lograr un son moi característico que non deixa indiferente a ninguén.

Durante os concertos, o proxecto musical de TanDuB compleméntase cunha pintura que fai en directo un dos cantantes. Os seus compoñentes son músicos experimentados con raíces moi dispares (folk, rock, blues, electrónica), que proveñen de grupos como Lamatumbá, Dar Gnawa, Coanhadeira, Kondiós ou Tabú.

O dobre concerto de Nativo xunto a TanDuB terá lugar este sábado, 31 de maio, a partir das 21 horas na Sala Rebullón. As entradas xa están á venda, na cantina do CSCD As Pedriñas e tamén online, desde 10 euros en anticipada ou 13 na billeteira.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir