O legado de Castelao, un tesouro que reflexa a Galicia do século XX
Neste 2025 celébrase o Ano Castelao, na honra da figura máis icónica de Galicia do século pasado

Vermú con SER - Ano Castelao (01/06/2025)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Galicia celebra neste 2025 o Ano Castelao no que se conmemora o 75 aniversario do pasamento dunha das persoas máis importantes para a cultura e a política de Galicia no século XX. Neste Vermú, imos a repasar a súa vida, na faceta social e política, e reflexionaremos sobre a súa obra en forma de legado que se garda, en gran parte, no Museo de Pontevedra.
Coa figura de Miguel Anxo Seixas Seoane, director da Fundación Castelao, doutor en Historia, experto na figura de Castelao, e a quen lle adicou a súa tese de doutoramento, debullamos o legado dun neno de Rianxo de familia humilde que se converteu na figura máis icónica de Galicia do século XX. Destaca Seixas de Castelao a súa implicación na sociedade e na política da época nun momento difícil de opresión, cunha posguerra que durou décadas e ocultou a súa existencia.
Por outra banda, coa directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, visitamos a exposición permanente adicada a Castelao no edificio do museo que leva tamén o seu nome. Aquí, maiores e cativos descobren e profundizan na extensa obra que deixou para a posteridade nas súas facetas de escritor, debuxante, ensaista e un gran etcétera que, a pesar da falta de visión que padecía nos últimos anos seguía alimentando cunha creatividade sobrecolledora.
No Museo de Pontevedra expóñense ao redor de 400 orixinais. Entre eles, os álbums da guerra, debuxos, viñetas e artigos da época de Nós. Custódianse ademáis 1.500 obras máis que suman un total de 2.000 pezas orixinais de Castelao que están no Museo de Pontevedra por vontade do propio autor, que quixo que cando en Galicia houbese un gobernó democrático, as súas obras pertencesen o ente público para que estiveran á disposición de toda a sociedade.