Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

"Algún veciño perdeuno todo é unha pena moi grande, nunca pensas que che pode pasar”

Os veciños de Laxe afectados polo lume recupéranse da angustia vivida este sábado e céntranse agora no papeleo cos seguros

Laxe viviu este pasado sábado 31 de maio unha das xornadas más duras dos últimos tempos, o lume causou danos en 13 pisos e obrigou a desaloxar 30. Un incendio de gran virulencia que, afortunadamente, non provocou danos persoais de importancia. Só unha persoa, un home que reside no piso no que se iniciou o lume, precisou ser trasladado ao hospital por inhalación de fume.

Minutos antes das dúas da tarde varios veciños daban aviso ao 112 alertando da presenza dunha intensa fumareda que saía pola ventá dun primeiro piso nun edificio na rúa Cesáreo Pondal, en poucos minutos as lapas xa eran visibles dende a rúa.

Os primeiros en actuar foron os veciños

Os primeiros en actuar foron varios veciños da zona xunto a un policía local, entraron entre o espeso fume que había no portal para rescatar ás persoas atrapadas nos seus pisos. Lograron rescatar a varias, entre elas ao inquilino do primeiro piso afectado, estaba case inconsciente deitado no sofá. Ao pouco tempo outro grupo de veciños e axudados por unha cesta elevadora rescataron a outras persoas polas ventás.

Aínda que o tempo de espera se fixo eterno, o GES de Ponteceso chegou nuns 15 minutos, inmediatamente entraron no inmoble para iniciar o traballo de extinción, ao pouco incorporáronse os bombeiros do parque de Carballo, coa escada rescataron ás persoas que permanecían atrapadas nos pisos, todas menos unha que, incomprensiblemente, negouse a abandonar súa vivenda facendo caso omiso ás indicacións dos bombeiros.

O lume propagouse a gran velocidade dun edificio a outro polo patio de luces común que fixo de cheminea axudado polo vento do nordés que sopraba con certa intensidade. Segundo fontes dos equipos de emerxencias “non é habitual que o lume se propague tan rápido, cando chegamos daba a impresión que levaba ardendo moito máis tempo”.

Participaron tamén na extinción unha motobomba do servizo contra incendios, o bombeiros de Santa Comba, Protección Civil de Laxe e Zas e varias patrullas da Garda Civil. Tamén persoal do 061 que trasladaron ao inquilino do piso no que se iniciou o lume ao hospital de Cee debido á inhalación de fume.

Os servizos de emerxencia traballaron sen descanso durante horas

Foi unha labor intensa e contínua ata aproximadamente as seis da tarde, hora na que se daba por extinguido o incendio. Continuouse coa labor de control revisando os 13 pisos afectados polo lume, seis están totalmente calcinados. Pasadas as once da noite os servizos de emerxencias regresaron ás súas bases para recargar as bombonas de osíxeno e realizar outras labores de mantemento, no lugar do incendio permaneceu unha patrulla da Garda Civil vixiando.

O lume reavivouse pola noite

Non houbo apenas tempo para o descanso, pasadas as doce e media da noite volve darse aviso ao 112 ao reavivarse o lume nun ático. As lapas, de novo, acadan en poucos minutos unha gran altura e ameazan con propagarse ao edificio lindeiro que ata ese momento non estaba afectado. Os veciños foron, de novo, desaloxados ante o risco real de que o lume acabase afectándolles.

Non tardaron en chegar de volta os servizos de emerxencias, neste caso GES de Ponteceso, Bombeiros de Carballo e Cee que reiniciaron uns traballos de extinción que se prolongarían máis aló das tres da madrugada, a esa hora permitíase volver aos seus pisos aos veciños desaloxados.

O alcalde de Laxe, xunto ao outros membros do goberno e da oposición, permaneceu todo o día no lugar participando na coordinación da extinción e na atención aos afectados. O concello proporcionou comida e aloxamento para tódolos veciños afectados e que non dispoñían de outra vivenda na que pasar a noite, aínda que a maioría optou por durmir en casas de familiares e amigos.

O domingo a primeira hora o GES de Ponteceso regresou á zona para facer unha nova comprobación.

Sobre a causa do lume, de momento descoñécese cal puido ser. A UCO iniciou na tarde do sábado unha investigación nas zonas dos edificios que estaban accesibles e o luns continuaron recollendo de probas para determinar con exactitudes como se orixinou o lume e porqué se propagou a tanta velocidade.

Iniciáronse tamén traballos de inspección técnica para determinar ata que punto está afectada a estrutura dos edificios máis danados, mentres os propietarios afectados realizan os trámites para que os seguros se fagan cargo dos danos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir