O concello de Redondela traballa na divulgación e a recuperación do legado de San Simón
Este xoves 5 o Auditorio da Xunqueira acolle unha conferencia a cargo de Matías da Torre, portavoz da Iniciativa Galega pola Memoria

Conferencia "Illa de San Simón. Lugar da Memoria Democrática"

O Concello de Redondela está a promover charlas, conferencias e actividades para dar a coñecer o legado histórico da illa de San Simón e a súa declaración como Lugar de Memoria Democrática.
Más información
- Redondela solicita la declaración de la isla de San Simón como Lugar de Memoria Democrática
- Redondela pide una gestión directa de la Isla de San Simón ante la "inacción" de la Xunta
- El concello de Redondela e historiadores demandan a la Xunta la recuperación de la Fundación San Simón
- El concello de Redondela vuelve a pedir a la Xunta que recupere la Fundación Illa de San Simón
- José Luis Ferro Iglesias, “persona non grata” en Redondela
Montse Fajardo, especialista no tema, ofreceu conferencias en todos os institutos que tiveron moi boa acollida por parte do alumnado. Previamente, o Concello elaborou un cuestionario para a rapazada con preguntas arredor da illa, o seu nome e o que coñecen da súa historia e lendas.

Un dos traballos presentados polo alumnado

Un dos traballos presentados polo alumnado
O traballo fíxoo o alumnado desde 2o da ESO a 1o de Bacharelato. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que os resultados foron “moi interesantes”. Tanto a mocidade como as súas familias teñen “unha forte conciencia” de dous períodos históricos, “cando foi hospital-lazareto e cando foi prisión”.
Entre o alumnado de Cesantes “tamén teñen coñecemento de cando foi orfanato e do suceso dos afogados falanxistas”, sinala Rivas. Pola contra, hai poucas referencias ao papel das “madriñas” ou “lavandeiras”, agás o alumnado que ten veciñanza ou familia ligada ás lavandeiras. Os que as coñecen si subliñan que foron “homenaxeadas polo Concello”.
Invisibilidade do rol da muller
En todo caso, “persiste unha certa invisibilidade do papel da muller como soporte para os presos políticos”, lamenta a alcaldesa. A rapazada tamén fai referencia a fitos históricos na enseada como a Batalla de Rande e a súa pasaxe na novela de Verne. Menos coñecida é a súa relación coa lírica medieval e o trobador Mendiño.
Tamén coñecen algúns os ataques dos piratas e de Drake, e historias sobre tesouros e barcos afundidos. A rapazada recolleu lendas moi interesantes, non só a da Coca, senón outras sobre almas en pena, campás que soan baixo as augas, sereas e mesmo pasadizos e túneles que unen a illa co castelo da Peneda.
Conferencia a cargo de Matías da Torre
O auditorio da Xunqueira acolle este xoves, 5 de xuño, ás 19.30 horas a charla “Illa de San Simón. Lugar de Memoria Democrática”. A conferencia corre a cargo de Matías da Torre, portavoz da Iniciativa Galega pola Memoria e un dos promotores do informe presentado ante o Ministerio de Memoria Democrática para a declaración da illa como Lugar de Memoria Democrática.
Na conferencia achegará detalles sobre os contidos dese informe, as motivacións que levaron a Iniciativa Galega e presentalo e o que supón a declaración deste espazo como Lugar de Memoria Democrática.




