Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

PROGRAMA ESPECIAL Sigue en directo 'Hoy por Hoy' con Àngels Barceló desde Santiago de Compostela

Inicio das obras da N-525 ao seu paso por Xinzo

Estes traballos de humanización teñen un investimento de máis de 4 millóns de euros

Xuntanza de coordinación previa ao inicio das obras da N-525 ao seu paso por Xinzo

Xuntanza de coordinación previa ao inicio das obras da N-525 ao seu paso por Xinzo

O Concello de Xinzo de Limia e a Subdelegación do Goberno veñen de confirmar que o vindeiro luns, 16 de xuño, darán comezo as obras de humanización das avenidas de Ourense e Madrid, principal travesía da vila. Dende o Concello aseguran que se trata "dun proxecto de grande envergadura que transformará este eixo viario nun espazo máis amable, seguro e accesible para a veciñanza".

A actuación, promovida polo Ministerio de Transportes e financiada con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea, supón un investimento total de máis de 4 millóns de euros e un prazo de execución previsto de 12 meses. O obxectivo principal é humanizar a travesía, potenciando a mobilidade sostible e mellorando a calidade urbana da vila.

Desde o Concello de Xinzo insístese na importancia desta obra tanto pola súa dimensión coma polo impacto positivo que terá para a vila. “A Concellería de Obras e Mobilidade traballou arreo durante anos para facer realidade esta intervención, que por fin comezará a materializarse. É unha gran nova e agradecemos ao Goberno de España a súa implicación con Xinzo”, declarou o alcalde Amador Díaz.

A obra inclúe a renovación integral do firme, creación de beirarrúas e carrís bici, instalación de zonas axardinadas, mellora da accesibilidade e plataformas elevadas para pasos de peóns, entre outras melloras. Tamén haberá unha oficina aberta ao público para que as persoas poidan consultar o proxecto ou transmitir as súas inquedanzas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir