Unha xornada educativa e lúdica para celebrar en Vigo o Día Mundial do Medio Ambiente
Porta do Sol énchese de actividades para concienciar sobre os beneficios da reciclaxe e a sostibilidade

Abel Caballero en Porta do Sol, durante el evento por el Día del Medio Ambiente

Este xoves 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente. Para conmemoralo en Vigo, o concello, FCC e Ecovidrio celebran unha xornada aberta á cidadanía centrada na reciclaxe e a sustentabilidade.
O evento ten lugar na Porta do Sol e contou coa presenza do alcalde, Abel Caballero, na inauguración oficial.
Baixo o lema "Coidemos Vigo desde a reciclaxe", instalaranse durante toda a xornada, de 12h00 a 18h00, diferentes stands informativos nos que a veciñanza pode aprender sobre o uso do quinto colector, de orgánica, a reciclaxe de vidro ou o aproveitamento do aceite usado, entre outros temas clave.
Diferentes actividades ao longo do día
Exposición de maquinaria sostible de FCC Medio Ambiente
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
Descargar- Espazo infantil e familiar coa “roleta dos residuos” e xogos didácticos
- Obradoiro de debuxo de puzzles, con agasallo final
- Agasallos sostibles como cubos de 7L, embudos para aceite usado, mostras de compost, chaveiros de téxtil reciclado, imáns de neveira, etc.
Stand de Ecovidrio
- Actividades con monitores ambientais
- Xogo de preguntas sobre reciclaxe de vidro
- Reparto de flores da época (xerberas) e bolsas reutilizables para transportar vidro
Esta xornada busca concienciar á cidadanía, especialmente á xente nova, sobre a importancia de reciclar correctamente, reducir residuos e avanzar cara a un modelo máis sostible.




