Hora 14 Vigo
Sociedad

Unha xornada educativa e lúdica para celebrar en Vigo o Día Mundial do Medio Ambiente

Porta do Sol énchese de actividades para concienciar sobre os beneficios da reciclaxe e a sostibilidade

Abel Caballero en Porta do Sol, durante el evento por el Día del Medio Ambiente

Este xoves 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente. Para conmemoralo en Vigo, o concello, FCC e Ecovidrio celebran unha xornada aberta á cidadanía centrada na reciclaxe e a sustentabilidade.

O evento ten lugar na Porta do Sol e contou coa presenza do alcalde, Abel Caballero, na inauguración oficial.

Baixo o lema "Coidemos Vigo desde a reciclaxe", instalaranse durante toda a xornada, de 12h00 a 18h00, diferentes stands informativos nos que a veciñanza pode aprender sobre o uso do quinto colector, de orgánica, a reciclaxe de vidro ou o aproveitamento do aceite usado, entre outros temas clave.

Diferentes actividades ao longo do día

Exposición de maquinaria sostible de FCC Medio Ambiente

  • Espazo infantil e familiar coa “roleta dos residuos” e xogos didácticos
  • Obradoiro de debuxo de puzzles, con agasallo final
  • Agasallos sostibles como cubos de 7L, embudos para aceite usado, mostras de compost, chaveiros de téxtil reciclado, imáns de neveira, etc.

Stand de Ecovidrio

  • Actividades con monitores ambientais
  • Xogo de preguntas sobre reciclaxe de vidro
  • Reparto de flores da época (xerberas) e bolsas reutilizables para transportar vidro

Esta xornada busca concienciar á cidadanía, especialmente á xente nova, sobre a importancia de reciclar correctamente, reducir residuos e avanzar cara a un modelo máis sostible.