Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ponteareas repasa un século enteiro de verbenas

A exposición está instalada na Praza da Música de Ponteareas

"Botamos un baile? Un século de orquestras de verbenas en Galicia" / Xunta de Galicia

"Botamos un baile? Un século de orquestras de verbenas en Galicia"

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou este martes a mostra "Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia". Esta exposición, a pé de rúa, repasa a evolución destas agrupacións desde principios do século XX ata a actualidade.

Dende este martes está instalada na Praza da Música de Ponteareas ata o vindeiro 30 de xuño, cando retornará á Cidade da Cultura.

O proxecto nace dunha exposición que acolleu a Biblioteca de Galicia en 2023 e fai un repaso a un tema con fonda pegada na sociedade galega, pero pouco analizado academicamente.

O concelleiro de Cultura, José López Campos, presenta esta exposición, que celebra “unha homenaxe visual e documental que pon en valor a verbena como parte esencial da identidade galega contemporánea, unha viaxe emocional e sonora que reivindica estas festas como parte esencial da nosa idiosincrasia, con pasado, presente e moito futuro”.

Un século de orquestras de verbena en Galicia

A mostra conta a evolución da verbena galega ao longo dun século amosando imaxes de programas de festas, fotografías e, sobre todo, carteis de estilos moi diferentes.

A través destas pezas pódese apreciar a adaptación a cada época dun xeito de lecer arraigado en Galicia, cun tecido económico propio en constante desenvolvemento e innovación.

Dende a influencia da emigración galega nas bandas de música populares ata os grandes escenarios actuais, pasando polas influencias das orquestras en bandas contemporáneas, esta mostra de rúa achega ao público unha historia común da música en Galicia.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir