Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ana María del Carmen Blanco nomeada presidenta da Audiencia Provincial

Trátase da primeira muller neste cargo

Imaxe de arquivo da Audiencia provincial de Ourense.

Imaxe de arquivo da Audiencia provincial de Ourense.

Ourense.

O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) nomeou hoxe a Ana María del Carmen Blanco Arce presidenta da Audiencia Provincial de Ourense. A maxistrada é a primeira muller en presidir o alto órgano xudicial provincial, que supón, segundo Blanco, “un fito no camiño cara á igualdade na carreira xudicial”.

Tras a elección, manifestou o seu desexo de exercer o cargo con "rigorosidade, independencia e sentido institucional”, á vez que subliñou que a súa prioridade é “garantir unha Xustiza eficaz, moderna e accesible á cidadanía”.

Ademais, engadiu que, nestes intres, é de “vital importancia” reforzar, “con medios materiais e, sobre todo, persoais, os órganos xudiciais da provincia ante a inminente implementación da Lei Orgánica 1/25”.

Ingresou na carreira xudicial en 1987, sendo o seu primeiro destino o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución do Carballiño. En 1989 exerceu como titular do Xulgado do Penal número 1 de Ourense e, desde 2004, exerce as súas funcións como maxistrada da Audiencia Provincial de Ourense. Na actualidade é a presidenta da sección segunda, penal, do alto órgano xudicial provincial.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir