Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

As arpistas máis novas do Noia Harp Fest son alumnas de escolas de Vigo

Neste encontro participan alumnas da ETRAD de Vigo, do Conservatorio de Torroso (Mos), de Mayeusis (Vigo) e da Barreiro Arpa Escola (Vigo)

As arpistas máis novas de Vigo e Galicia, no Noia Harp Fest

As arpistas máis novas de Vigo e Galicia, no Noia Harp Fest

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia confirma o seu compromiso co talento máis novo do país e celebrará, no marco da súa duodécima edición, o IV Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia.

Más información

A cita, que se celebrará o 31 de xullo, reunirá a 21 estudantes do instrumento, que actuarán tanto de forma individual como conxunta no marco do único festival do noroeste peninsular dedicado á arpa.

O Encontro, nado no 2022, procura estimular a relación entre as e os instrumentistas máis novos dos centros do país. Nesta ocasión participarán estudantes da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ETRAD de Vigo, da Escola Municipal de Música de Santiago, do Conservatorio de Torroso (Mos), do Conservatorio das Artes Mayeusis (Vigo) e da Barreiro Arpa Escola (Vigo).

Composicións creadas por Rodrigo Romaní

Nesta cuarta edición do encontro, ademais de coñecer a arpistas tanto do país coma de primeiro nivel mundial, as estudantes terán a oportunidade de convivir e interpretar xuntas unha composición creada ex profeso para a ocasión da man do bretón Kevin Le Pennec (gañador do World Harp Competition 2024) e do galego Rodrigo Romaní, codirector do festival.

Ambos arpistas recollen nesta nova canción, duns 6 minutos de duración, temas das súas respectivas tradicións musicais (Tour á Limerzel e Porque non hei de cantare).

O IV Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia celebrarase na sede do Liceo de Noia na mañá do 31 de xullo. 21 estudantes, de entre 7 e 21 anos e chegadas de distintas localidades, convivirán e compartirán os seus coñecementos desde primeira hora da mañá. A partir das 13.00 horas, o recinto abrirá as súas portas para que a veciñanza escoite e goce da celebración conxunta do talento máis novo do país.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir