Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Cristina Pato transforma o seu camiño vital en literatura con Fóra de foco

A libraría Berbiriana acolle hoxe a presentación de Fóra de foco, a nova novela de Cristina Pato

Cristina Pato, música, educadora, escritora de 'Fóra de foco'

Cristina Pato, música, educadora, escritora de 'Fóra de foco'

00:00:0013:13
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

A música, educadora e agora tamén escritora Cristina Pato segue a consolidar a súa voz literaria coa presentación da súa segunda novela, Fóra de foco, que chega esta tarde á libraría Berbiriana da Coruña ás 19:00 horas, acompañada pola poeta Dores Tembrás.

Esta nova obra, totalmente diferente da súa primeira novela No día do seu enterro, mergúllase na historia dunha fotógrafa de prestixio que decide retirarse no cumio da súa carreira e, ademais, destruír toda a súa obra. Unha xornalista, Marieta Carracedo, convértese na fío condutor desta investigación que pronto se transforma nunha viaxe persoal cargada de preguntas sobre a relación entre a vida pública e a privada, o ritmo da vida moderna e as renuncias necesarias para vivir conforme aos propios valores.

Unha retirada dos escenarios para atopar outra voz

Na entrevista concedida a Radio Coruña Cadena SER, Cristina Pato explicou que hai cinco anos tomou a decisión de afastarse dos escenarios tras 25 anos de carreira internacional como música. «Quería construír un tipo de vida máis acorde cos valores que fun adquirindo», confesou, recoñecendo que esta nova etapa, centrada na docencia e na escrita, lle permite manter unha relación máis directa e sincera co seu público.

«Antes parábanme pola rúa para falar da miña música. Agora fano para comentar unha columna ou a novela. É un contacto máis persoal, máis humano», relatou durante a conversa con Marcos Sanluis.

Fóra de foco: arte, segredo e identidade

A novela pon enriba da mesa cuestións que a propia Cristina Pato reflexionou na súa transición vital: «Esta fotógrafa de Nova York decide borrar o seu pasado. A xornalista quere entender por que alguén chega a destruír a súa obra. É unha historia sobre o vínculo entre traballo e identidade, pero tamén sobre a mediana idade e a busca dun ritmo de vida máis humano».

A protagonista, fotógrafa recoñecida, simboliza a tensión entre deixar pegada no mundo ou preservar a intimidade. A narración non só expón a investigación xornalística senón tamén a evolución interior da propia Marieta, que acaba cuestionando a súa propia forma de vivir.

Acollemento do público e novas presentacións

Cristina Pato destaca o apoio do público nesta nova faceta como autora de ficción. En Ourense presentou o libro co seu admirado escritor Juan Tallón, e na Coruña fai o mesmo coa poeta Dores Tembrás. «Estar arroupada por xente tan talentosa axúdame a percorrer este camiño que tamén é complexo», confesa.

A súa axenda de presentacións prosegue noutras cidades, convertendo cada encontro nun espazo de diálogo co lectorado, que comparte coautora reflexións e preguntas que van máis alá das páxinas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir