Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Begoña Caamaño será a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026

Esta decisión supón unha homenaxe á súa obra literaria e á súa traxectoria como xornalista comprometida coa lingua galega e coa verdade informativa

Begoña Caamaño será a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026

Begoña Caamaño será a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026

00:00:0001:52
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

A Real Academia Galega anunciou que dedicará o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014). Esta decisión supón unha homenaxe á súa obra literaria e á súa traxectoria como xornalista comprometida coa lingua galega e coa verdade informativa.

Dúas novelas para reescribir os mitos

Caamaño destacou como narradora serodia, publicando dúas novelas fundamentais na literatura galega contemporánea: Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012). Nestes títulos revisitou mitos clásicos como a Odisea e o ciclo artúrico, ofrecendo unha mirada nova, feminista e profundamente contemporánea.

Xornalismo para a cidadanía

Ademais da súa faceta como escritora, Begoña Caamaño deixou unha fonda pegada no xornalismo galego. Tras os seus inicios en Radio Noroeste e Radio Popular, en 1989 incorporouse á Radio Galega, onde desenvolveu boa parte da súa carreira profesional. A súa visión do xornalismo como servizo á cidadanía, comprometido coa lingua galega e coa calidade informativa, segue a ser referente nun momento de urxente reconstrución do sector.

Unha festa para a ollada feminista

A proposta de Caamaño foi debatida na primeira xuntanza ordinaria do pleno da Real Academia Galega, na que tamén se consideraron os nomes de Antón Tovar, Enrique Labarta Pose e Miguel González Garcés. Finalmente, a institución escolleu celebrar o 17 de maio de 2026 cunha voz feminina que fixo da palabra literaria e xornalística un instrumento de coñecemento e reflexión.

Un legado que dialoga co presente

No texto da candidatura aprobada, a Academia destaca que “literatura e xornalismo son na autora instrumentos para o coñecemento, outra forma de reflexión e acción, desde o rigor do saber, o estimulante exercicio da razón e a complicidade da maxia e dos soños”. Caamaño foi, segundo a institución, unha voz coral que se proxectou no colectivo, cun legado que segue a dialogar coas novas xeracións de escritores e xornalistas galegos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir