Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A pornografía non educa, ensina violencia: un Podcast escolar do IES Cerdedo-Cotobade sobre a pornografía e as consecuencias na adolescencia

O Podcast conseguiu o primeiro posto de Secundaria na primeira edición dos Premios José Hermida de Radio Pontevedra

Vermú con SER - A pornografía non educa, ensina violencia un Podcast escolar do IES Cerdedo-Cotobade sobre a pornografía e as consecuencias na adolescencia

Vermú con SER - A pornografía non educa, ensina violencia un Podcast escolar do IES Cerdedo-Cotobade sobre a pornografía e as consecuencias na adolescencia

00:00:0025:46
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A pornografía, un tema tan polémico coma preocupante, que poñemos enriba da mesa do Vermú con SER deste Domingo. Tratamos de buscar a naturalidade de Elba, Xulia, Hugo e Álvaro.Estudantes do concello de Cerdedo-Cotobade . que dín aprenderon moito deste traballo en equipo. Eran moi escasos os coñecementos que ate o de agora tiñan da pornografía.

A elección do tema foi meditada atendendo a estadísticas e estudos. Marta Ribadulla é a coordinadora da radio Escolar no IES Cerdedo-Cotobade . Ela precisaba facer un podcast e o orientador do centro, Javier García Barreiro, quería facer un producto no que ase traballara a problemática da pornografía na adolescencia. Tiñan os datos, buscaron rapaces de 3º e 4º da ESO e puxéronse a traballar.

Algúnns deles xa tiveran contacto coa pornografía, outros non. Hugo tiña 12 anos cando colleu o teléfono do seu pai, xunto a uns amigos . Agora con 15 …acaba de facer un traballo en equipo cós seus compañeiros e baixo a coordinación de Marta, a responsable da radio escolar e o seu orientador Javier. Eles foron os que os puxeron en contacto con dúas especialistas en temas de sexoloxía.

Acadaron datos pola sua conta durante unha semana sobre a pornografía, falaron con avós para coñecer cómo eran as relación doutras xeneracións. Costoulles asimilar o tema . Tanto… que houbo compañeiros que rexeitaron participar.

A adolescencia é esa etapa da vida na que parece máis doado e acertado aprender do de outros, que do que indican na casa. No caso do sexo, quizáis falle , ás veces, o diálogo: Falar, escoitar.Transmitir e recibir. Hugo, Álvaro, Xulia, Elba, partían tamén destas experiencias na súa casa. Neste punto quizáis chegue o intre de facer distinción no grao de madurez entre nenas e nenos. E cert é que, a madurez, pode para certos temas, ser o baremo de confianza entre titores e rapaces na casa.

Sexo, pornografía… aboradmos tamén a outra parte d o título do podcast: a violencia.

Xulia, Elba, Álvaro, Hugo son estudantes de 15 anos que acaban de recoller un cheque de tres mil euros para o seu centro, o IES Cerdedo-Cotobade xunto a outros compañeiros . O máximo recoñecemento da primeira edición dos Premios José Hermida de radio Pontevedra. Din que gañaron saber.

Saber é traballar a interpretación. Chegaron a practicar cun lápiz na boca para traballar a naturalidade e a dicción.

Saber é falar máis abertamentamente sobre a pornografía.

Saber…e tamén un grao na experiencia e na vivencia.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir