Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“O galego non é ningunha traba”: Fillas de Cassandra falan da súa expansión fóra de Galicia

Fillas de Cassandra presentan Hibernarse na Fundación Luis Seoane da Coruña

María Soa, de Fillas de Cassandra

María Soa, de Fillas de Cassandra

00:00:0009:28
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

Este sábado 28 de xuño, a Fundación Luis Seoane da Coruña acollerá a presentación de Hibernarse, o novo EP do dúo galego Fillas de Cassandra. O evento, que comezará ás 20:00 horas, ofrecerá un espectáculo íntimo e cheo de carga simbólica, no que se mesturan música, dramaturxia e reflexión creativa arredor da pausa e os procesos artesanais.

Para asistir á presentación, cómpre reservar o vinilo do EP en FNAC, o que dá dereito a dúas entradas. Nas últimas horas, aínda quedaban invitacións dispoñibles.

“Queriamos un espazo que respectase o proceso creativo”

En conversa coa emisora Radio Coruña Cadena SER, María Soa —integrante de Fillas de Cassandra— explicou que Hibernarse está composto por catro temas pero que o espectáculo vai máis aló do formato concerto tradicional: “Sempre somos un pouco conceptuais e cremos que este traballo merecía un formato que o arroupara, con dramaturxia e un espazo coidado arredor”.

A escolla da Fundación Luis Seoane non foi casual: “Buscabamos un lugar íntimo, e aínda que a capacidade é máis limitada, priorizamos a cercanía co público”, comenta María, lembrando tamén que xa estiveran neste mesmo espazo en abril de 2023 estreando en acústico o tema Tataravoa.

A Coruña, cidade clave na traxectoria do grupo

O vínculo das Fillas de Cassandra coa cidade herculina é fonda. Nestes dous últimos anos actuaron en escenarios tan diversos como Ágora, o Teatro Rosalía, a Sala INN, a Praia de Riazor ou o propio Noroeste Pop Rock. “Sempre nos sentimos moi ben acollidas aquí, hai moita conexión co público”, afirma María.

A proposta artística do dúo adáptase segundo o espazo: “Non é o mesmo actuar en Riazor diante de milleiros de persoas que nunha sala pequena onde podes facer bromas coa xente que tes preto”, conta.

Unha pausa necesaria para crear con tempo

Este 2025 non haberá máis concertos en Galicia por parte de Fillas de Cassandra, xa que o grupo está centrado en novas creacións. “Precisamos tempo para traballar nun novo espectáculo. A pausa é parte do proceso creativo”, sinala María, quen destaca a importancia de respectar os ritmos naturais nun tempo dominado pola velocidade e o consumo inmediato.

Hibernarse funciona como unha declaración de intencións: “Queremos practicar esa paciencia, facer música sen présas, non porque o mercado o pida, senón porque nace así”.

A música galega traspasa fronteiras

María Soa tamén falou do bo recibimento que ten a súa música fóra de Galicia. “Sorpréndenos que en moitos concertos a xente cante as nosas cancións, mesmo sen ser galegofalante. Hai un esforzo activo por conectar, e iso é marabilloso”.

Neste sentido, considera que o galego non é unha barreira senón unha ferramenta que achega e emociona, rompendo tópicos e conectando con públicos moi diversos.

Ano das Cantareiras: respecto e inspiración

O 2025 foi declarado pola Real Academia Galega como o ano das cantareiras, e Fillas de Cassandra acollen esta homenaxe con alegría e respecto. “Non queremos invadir o espazo, pero si recoñecer que moito do noso traballo bebe desa tradición oral e dese xeito de comunicar a través do canto”, afirma María.

O seu tema He quebrantarse, incluído neste novo EP, fala precisamente desa memoria colectiva transmitida polas mulleres que cantaban.

O regreso a Galicia, en 2026

Aínda que este ano non haberá máis concertos na comunidade, Fillas de Cassandra prometen volver con forza en 2026. “Agardamos regresar a Galicia por todo o alto, con novas propostas, novos espazos e todo o aprendido nestes anos”, avanza María.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir