Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Hospital do Salnés é o primeiro comarcal de España en recibir unha acreditación de calidade no Servizo de Urxencias

Superaron esixentes auditorías tanto internas como externas con máis de 200 criterios, nunhas instalacións onde se atenden 50.000 asistencias ao ano

Orgullo e satisfacción. Podemos empregar estas dúas palabras para definir o que senten os profesionais e tamén nós, os usuarios, do Servizo de Urxencias do Hospital Público do Salnés logo de ser recoñecido coa acreditación de calidade que outorga a Sociedade Española de Urxencias e Emerxencias (SEMES). O centro hospitalario vilagarcián convértese no primeiro centro comarcal de toda España que contará cunha distinción que recoñece o bo labor que desempeñan os seus profesionais de urxencias.

Entre os criterios que fixeron ao Hospital Público do Salnés merecedor desta credencial destacan os tempos de espera na atención das urxencias, a organización funcional do centro ou a formación coa que contan os máis de 100 profesionais que integran este servizo. O servizo de urxencias do Hospital do Salnés realizou en 2024 preto de 50.000 asistencias, cunha media de 135 cada día. O tempo medio de espera para a triaxe é de 8 minutos e de 33 minutos para a atencion posterior. Este Hospital Público ten unhas Urxencias que son unha das 20 unidades máis activas a nivel científico de todo o territorio nacional.

Neste acto estivo presente o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño quen dixo “a Xunta aposta con firmeza pola especialización dos profesionais de Urxencias e temos reiteradas peticións realizadas polo Executivo galego ao Ministerio de Sanidade para que crease a especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias. Agora precisamos que se materialice canto antes de forma seria e rigorosa en beneficio dos pacientes, dos profesionais e da organización sanitaria”.

Traslado da ambulancia medicalizada do 061 a Sanxenxo


Fóra do acto e a preguntas dos xornalistas, o conselleiro reiterou a idea da Fundación de Urxencias Médicas 061 de trasladar dende hoxe 1 de xullo a ambulancia medicalizada con base no Hospital do Salnés ó centro de saúde de Baltar (Sanxenxo). “A decisión corresponde a criterios exclusivamente técnicos aplicados a toda Galicia que garantan de xeito equitativa a cobertura de emerxencias e urxencias en toda a comunidade. Xa veremos nun futuro se entra nos plans do 061 a posibilidade de ter unha ambulancia medicalizada a maiores no verán na comarca do Salnés”, sinalou.

Pola súa banda o xerente da área sanitaria de Pontevedra – O Salnés, José Flores, manifestou que non se están deixando de atender urxencias vitais na comarca por estar ocupada a ambulancia medicalizada con outro traslado sanitario. “Sempre que falamos de que un recurso está ocupado por atender a outra persoa, pois, bendito sea. A ambulancia si que está no momento adecuado porque está con outro paciente crítico, da igual onde este a orixe, evidentemente temos unhas patoloxías que son tempo – dependentes e os profesionais saben o que facer cos transportes en ambulancias. Paréceme algo fóra de lugar que todos os anos teñamos que estar defendendo que cando a ambulancia medicalizada no Salnés está trasladando a un paciente crítico, primario ou secundario falle o sistema cando paralelamente se produce outra urxencia. Este é un servicio autonómico que non entende de “localismos” nin de decisións municipais”, argumentou o doutor Flores.

Preguntado tamén polos equipos médicos no PAC do centro de saúde de San Roque en Vilagarcía, o xerente José Flores, explicou que queda garantida a asistencia nestas instalacións con tres equipos médicos (tres médicos e tres enfermeiros) de luns a domingo pola tarde, e dous equipos médicos pola noite. Nas datas festivas coma a Festa da Auga este servizo reforzarase pola noite con un terceiro equipo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir