Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Real Academia Galega e Xunta coinciden na necesidade dun pacto político polo galego

Tras unha visita do conselleiro de Cultura, José López Campos, á Academia, tanto el como o presidente da institución, Víctor Fernández Freixanes, explicaron aos medios a súa postura sobre o idioma

A Coruña O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, manteñen unha reunión sobre lingua co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. 22/11/2024 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña / Moncho Fuentes

A Coruña
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, manteñen unha reunión sobre lingua co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. 
22/11/2024
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

A Coruña

A Real Academia Galega e a Xunta de Galicia coincidiron este venres na necesidade de que as forzas políticas acaden un pacto polo galego. Tras unha visita do conselleiro de Cultura, José López Campos, á Academia, tanto el como o presidente da institución, Víctor Fernández Freixanes, explicaron aos medios a súa postura sobre o idioma.

Más información

«A Academia está moi preocupada pola situación da lingua. Vemos a necesidade de atopar un espazo de encontro entre todas as forzas políticas e sociais para que o galego sexa un espazo de unidade, de ilusión, unha aventura colectiva, algo no que participe toda a sociedade», asegurou Fernández Freixanes.

Por iso pediu aos dirixentes «que traballen por algo que, se a sociedade galega percibe que os seus representantes políticos non son capaces de poñerse de acordo nun tema tan importante como a lingua, alguén lles acabará pedindo contas».

O conselleiro tamén expresou a súa preocupación pola situación do idioma, que definiu como «o maior patrimonio» dos devanceiros e «o maior tesouro» que se deixará para o futuro.

Por iso, López Campos avogou por ese pacto político arredor da lingua, unha iniciativa que, ao seu xuízo, debe abrirse «ao conxunto da sociedade» e na que a Academia «ten moito que dicir».

Considera que todas as forzas coinciden no diagnóstico da situación, na que cómpre reformular «a estratexia en materia lingüística», polo que ve necesario «rebaixar o clima de crispación política neste eido».

«É moito máis o que nos une do que nos separa», dixo, e engadiu que «será un bo acordo» cando todos os implicados teñan que «ceder en algo».

López Campos considera, ademais, que tras os consensos alcanzados en materia lingüística nas décadas dos anos 80 e 2000, agora, vinte anos despois, «dásense as circunstancias para poder chegar a ese gran acordo».

Agarda que dese pacto xurda «un galego forte, un galego querido», unha lingua que sirva «como elemento de unión» e amose o orgullo polo «maior patrimonio» de Galicia.

En canto á dimisión do responsable de Cultura no PPdeG, Daniel Chapela, reiterou que o seu papel na consellería é similar ao dos seus predecesores dentro dun partido «galeguista» que cre no «equilibrio lingüístico» e que non mudou a súa «posición».

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir