Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ludoverán 2025 en Moaña: Verán cheo de arte, xogos e diversión para os máis novos

Con esta ampla e variada programación, o Concello de Moaña busca ofrecer unha alternativa de lecer aos máis cativos

Ludoteca Municipal de Moaña / Google maps

Ludoteca Municipal de Moaña

Moaña acollerá, un ano máis, o programa "Ludoverán 2025", que ofrecerá unha variada oferta de actividades lúdicas e educativas para os meses de xullo e setembro.

A iniciativa, deseñada para o desfrute dos máis novos durante as vacacións estivais, inclúe obradoiros artísticos, xogos temáticos e propostas relacionadas coa auga e os sentidos.

Programación chea de actividades

Xullo virá cargado de temáticas diversas.

A semana do 30 de xuño ao 4 de xullo centrarase en "Xogos e Xoguetes do Mundo" , con xogos de Europa, a creación de marionetas ninja, xogos de Madagascar, atrapasoños e unha xincana mundial.

Do 7 ao 11 de xullo, a temática será "Astérix e Obélix" , con actividades como "Os Galos", "Astérix", "Xogos Galos", "As Probas dos Romanos" e un obradoiro.

A "Viaxe no Tempo" será a protagonista da semana do 14 ao 18 de xullo, explorando a prehistoria, o antigo Exipto, a Idade Media e o futuro. Cabe destacar que o mércores 16 de xullo as instalacións estarán pechadas polo Día do Carme.

A segunda quincena de xullo dedicarase aos "Sentidos e a Auga". Do 21 ao 25 de xullo, haberá obradoiros como o bote sensorial, pintura coas mans, adiviñas e xogos de caza de sentidos. O venres 25 de xullo as instalacións permanecerán pechadas por ser festivo autonómico.

Finalmente, a última semana de xullo, do 28 ao 31, centrarase en "A Cor" , con actividades como "Barangandao Arco da Vella", xogos de cores, artesanía e unha festa de cores.

Volta ás actividades en setembro

Durante o mes de agosto, o programa "Ludoverán" estará pechado por vacacións.

A volta en setembro celebrarase co "Fin de Verán". Do 1 ao 5 de setembro, os participantes poderán gozar de xogos de exterior, un obradoiro, a creación dunha botella viaxeira, unha xincana e unha festa de fin de verán.

Con esta ampla e variada programación, o Concello de Moaña busca ofrecer unha alternativa de ocio educativo e de calidade para os nenos e nenas do municipio durante o período estival.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir