Chega o Festival de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo"
A séptima edición deste evento terá lugar no mes de agosto

Cartel do Festival de Gaitas "Vila de Xinzo"

Do 1 ao 3 de agosto, Xinzo de Limia acollerá unha nova edición do Festival Internacional de Bandas de Gaitas “Vila de Xinzo”, que celebra neste ano 2025 a súa séptima edición.
Neste evento participarán a Real Banda de Ourense, Nova Era, Airiños de Fene e Grupo de Bombos e Gaitas S. Tiago Maior de Poiares xunto coa anfitrioa, a Banda de Gaitas Xinzo de Limia e a súa filial Banda B, así como o Coro Aimil e o grupo En Mala Hora.
O Festival Internacional de Bandas de Gaitas está organizado dende a súa primeira edición pola Escola Municipal de Gaitas e Percusión co patrocinio do Concello de Xinzo. Neste ano, ademais, conta co apoio de varios establecementos e negocios da vila.
Nos vindeiros días a comisión organizadora do festival irá informando polo miúdo e publicando horarios das actividades musicais nas rúas e concertos.




