A Arnoia ofrecerá 3.000 quilos de pemento na súa festa
Terá lugar entre o 1 e o 3 de agosto

XLVI Festa do Pemento da Arnoia
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O Concello da Arnoia acollerá os días 1,2 e 3 de agosto a edición número 46 da súa Festa do Pemento. Unha exaltación gastronómica declarada Festa de Interese Turístico Galego que arrinca o venres día 1 ás 21:00 horas na Carballeira da Queixeira coa inauguración oficial. Poco despois acenderanse os fogóns e comezará a fritura dos pementos. Ás 22:45 arrincará a actuación do grupo A Roda, a partir das 00:20 será a quenda da Orquestra Panorama e ás 02:00, dj Mario porá o peche musical a esta primeira xornada festiva.
O evento continuará durante toda a fin de semana con música de charangas, orquestras, disco móbil ou o festival de pandeireteiras "Arnoia Viva" e todos os días, degustación de pementos. Tamén haberá concentración de vehículos clásicos e festa infantil na área recreativa do Inquiau, con xogos, espuma ou olimpíadas.
O pemento fritido con sal e pan é o prato estrela, pero tamén se ofrecerán outras preparacións nas que este produto é o ingrediente principal, como croquetas de pemento, pementos recheos, tortilla de pementos ou xeado de pemento.
Escoita aquí a entrevista a Rodrigo Aparicio, o alcalde da Arnoia, falando sobre os detalles desta festa e sobre os retos do sector agrícola na zona.




