Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O reitor da USC estrea a nova sección de Hoy por Hoy Lugo co Campus Terra como protagonista

Un espazo para achegar aos oíntes a actividade docente e investigadora da Universidade, e a súa repercusión na cidade e na provincia

A USC únese á Cadena SER nunha nova sección de Hoy por Hoy Lugo 'Universo Campus Terra'

A USC únese á Cadena SER nunha nova sección de Hoy por Hoy Lugo 'Universo Campus Terra'

00:00:0014:47
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, estreou a nova sección de Hoy por Hoy Lugo co Campus lucense como protagonista: Universo Campus Terra.

Antonio López estivo nos estudios de Radio Lugo Cadena SER acompañado do vicerreitor de organización académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga, e da delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López, para abrir este espacio radiofónico, unha ventá ao Campus para achegar aos oíntes a súa actividade, tanto docente como investigadora, así como a repercursión de todo ese labor no tecido social e económico da cidade e da provincia.

O reitor valorou a necesidade de potenciar a transferencia de coñecemento das aulas e laboratorios ao territorio. "É moi importante que nos coñezan fóra dos espazos universitarios”, asegurou. "Xeralmente, a sociedade venos e sabe que formamos estudantes. Iso téñeno asumido e con algunhas titulacións moi especialmente, pero cando falamos de investigación, de xeración e transferencia de coñecemento, somos máis descoñecidos. Por iso, é moi importante que fóra da Universidade se saiba tamén que facemos e a utilidade do noso traballo e investigación para un empresario, para un gandeiro ou para quen queira mellorar procesos".

Antonio López invitou aos oíntes de Radio Lugo Cadena SER a seguir este percorrido sonoro polo Campus de Lugo porque afondarán na súa actividade "e seguramente poden aparecer oportunidades para serlles útiles para mellorar a actividade que fan". "É unha magnifica opción poder escoitar este punto de conexión da Universidade coa sociedade a través da Cadena SER", afirmou.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir