Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Arde un barco en Cee e o lume afecta a outra embarcación próxima

Os barcos son o Novo Viana e o Apóstol

A Coruña

Un pesqueiro ardeu por completo no porto de Brens, en Cee (A Coruña), e o lume afectou a outra embarcación próxima. Os barcos son o Novo Viana e o Apóstol.

O 112 Galicia informou este mércores de que o incendio se orixinou ás catro da madrugada e as chamas devoraron o barco.

Foi un particular o que avisou de que unha embarcación estaba a arder no peirao e que cría que non había ninguén no seu interior.

O 112 deu aviso a Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Cee, Garda Civil e Protección Civil.

As tarefas de extinción prolongáronse durante varias horas debido á elevada presenza de materiais como fibra e plástico, así como polo vento, que dificultaba os traballos e reavivaba puntualmente o lume.

Un dos barcos resultou totalmente calcinado e o outro sufriu danos na proa.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir