Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Volve "Xinzo en flor"

O certame premiará aos mellores balcóns e xardíns

Cartel del concurso "Xinzo en flor"

Cartel del concurso "Xinzo en flor"

O Concello de Xinzo de Limia vén de anunciar unha nova edición do certame “Xinzo en Flor”, que celebra este 2025 a súa sexta convocatoria. O concurso está dirixido á veciñanza que decore os seus balcóns ou xardíns con flores naturais e vivas, premiando a creatividade, o coidado e a integración estética dos espazos no entorno.

Esta iniciativa busca mellorar a calidade paisaxística, fomentar o respecto polo medio ambiente e recoñecer o esforzo das persoas que contribúen a facer de Xinzo un lugar máis fermoso e acolledor.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o luns 18 de agosto, entregando o formulario de participación no Rexistro do Concello ou enviándoo ao correo alcaldia@xinzodelimia.gal.

O certame contará con catro premios en total, divididos nas categorías de balcóns (primeiro premio de 150€ e segundo de 100€ en bonos) e xardíns (primeiro premio de 200€ e segundo de 150€ en bonos).

Estes bonos serán canxeables en establecementos locais de venda de plantas, co fin de incentivar tamén a economía de proximidade.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir