A Festa Corsaria de Marín contará cun galeón do século XVIII
O Concello de Marín desvela a programación completa da Festa Corsaria que inclúe visitas gratuítas a este galeón. A festa, que recrea a batalla de Aguete de 1800, celebrarase os vindeiros 15 e 16 de agosto


A Festa Corsaria de Marín celebra a súa décimo cuarta edición con actividades que comezan o venres 15 de agosto, ás sete da tarde. Este ano preséntanse novidades con respecto a outros anos, que residen principalmente nas visitas gratuítas a un galeón do século XVIII fondeado no Paseo Alcalde Branco. Ademais, haberá tamén unha exposición a cargo de Alberto Fortes repartida polas diferentes rúas da cidade. A mostra contextualizará tanto a época histórica da festa como a figura do corsario marinense Gago de Mendoza.
Polo demais, mantéñense as actividades habituais pensadas para toda a familia. O programa inclúe pasarrúas, desfiles, concertos e exposición de oficios entre outros. O sábado ás once e media da noite será a tirada de fogos de artificio na Praza de España. O peche correrá a cargo dos DJs MRJ, Carlos Barral e Pablo Grande na rúa do Sol dende as doce ata as tres da mañá.
IX Concurso de Decoración e Ambientación
O concurso está dirixido a establecementos de hostalaría e tamén a mesas de particulares. Os premios recoñecen a creatividade da idea e da vestimenta dos comensais no caso das mesas, e tamén a vestimenta, a ambientación e as decoración exterior nas terrazas dos locais. Haberá un premio valorado en 200 euros para cada categoría e un accésit por importe de 100 euros. Para participar é preciso realizar unha solicitude previa.
Continúa aberto o prazo para a solicitude de mesas
O Concello habilitou xa o prazo para a petición de espazos para comidas e ceas, que permanecerá aberto ata este venres 8 de agosto. Polo momento, recibíronse 26 demandas de particulares e outras dúas para a ampliación de terrazas de hostalaría.
A programación completa hora a hora
Venres, 15 de agosto
- 19.00 - 00.00h. Apertura do Mercado Corsario. Alameda.
- 19.00 - 23.00h. Atraccións infantís na Alameda, Praza 8 de Marzo e Parque Eguren.
- 20.00h. Espazo Corsario con obradoiros infantís. Parque Eguren.
- 20.00h. Animación de Litore Lux. Rúas de Marín.
- 21.00h. Pasarrúas musical con Kaltee e Gaeloc. Rúas de Marín e Alameda.
- 22.00h. Desfile e arribada da bandeira inglesa. Rúas de Marín e Alameda.
- 22.30h. Concerto de Son das Tabernas. Alameda.
Sábado, 16 de agosto
- 11.00h. Pregoeiros e fanfarrias do século XVIII. Rúas de Marín.
- 11.30 - 00.00h. Mercado Corsario. Alameda.
- 11.30h. Apertura das bases mariñas: Barco Corsario Gago de Mendoza (Jaime Janer, fronte a Abanca) e Barco Inglés (Ezequiel Massoni, xunto ao Parque Eguren).
- 11.30 - 21.00h. Atraccións infantís na Alameda, Praza 8 de Marzo e Parque Eguren.
- 11.30 - 21.00h. Granxa Escola. Rúa Augusto Miranda.
- 11.30 - 21.00h. Oficios Vila Mariñeira. Praza do Peirao Vello (Museo), Rúa do Sol, Praza 8 de Marzo, Praza da Veiguiña, Méndez Núñez (detrás do Concello).
- 12.00 - 23.00h. Atraccións infantís na Alameda, Praza 8 de Marzo e Parque Eguren.
- 12.00 - 20.00h. Espazo Corsario con obradoiros infantís. Parque Eguren.
- 12.00 - 20.00h. Obradoiros de esgrima. Parque Eguren.
- 12.00 - 20.00h. Obradoiros de tiro con arco. Avenida de Ourense.
- 12.30 - 15.00h. Animación de rúa, con Batucada Axé Bahía, Batucada Maracumbé, Charanga Noroeste, Charanga Jalácticos, Batucada ADR, Batucada Rebumbio, Animación Litore Lux, Kaltee e Gaeloc. Rúas de Marín.
- 13.00h. Exhibición de aves. Parque Eguren.
- 13.30h. Desfile de barcos e invasión inglesa. Rúas de Marín.
- 16.00 - 19.30h. Xogos tradicionais. Rúa Augusto Miranda.
- 16.00h. Actuación infantil: A Historia Tetarina. Parque Eguren.
- 16.30h. Fakir Testa. Fondo do Saco.
- 17.00h. Baile da Ilustración. Alameda.
- 18.00h. Espectáculo infantil: A Historia dun Corsario. Parque Eguren.
- 18.15h. Baile da Ilustración. Alameda.
- 18.30h. Fakir Testa. Fondo do Saco.
- 18.45h. Desfile de esgrima.
- 19.00 - 22.30h. Animación de rúa, con Batucada Axé Bahía, Batucada Maracumbé, Charanga Noroeste, Charanga Jalácticos, Batucada ADR, Animación Litore Lux, Kaltee e Gaeloc. Rúas de Marín.
- 19.00h. Exhibición de esgrima. Praza de España.
- 19.15h. Concerot de Leirabuxo. Alameda.
- 19.30h. Exhibición de aves. Parque Eguren.
- 20.15h. Entrega de premios do concurso de ambientación. Praza de España.
- 20.30h. Teatro: O Asalto á Alcudia. Praza de España.
- 21.30h. Desfile de barcos e invasión corsaria. Rúas de Marín.
- 22.00h. Concerto de Belle Pop. Espazo Corsario Amigos dos Rapaces. Rúa Lameira.
- 23.00h. Espectáculo Mil e Unha Noites. Praza de España.
- 23.30h. Tirada de fogos de artificio. Praza de España.
- 00.00 - 03.00h. Animación musical cos DJs: MRJ, Carlos Barral e Pablo Grande. Rúa do Sol.

Ramón Mella
(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de informativos y deportes en Radio Pontevedra. Máster en...




