Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Situación límite de novo en Ponteceso por mor dos incendios

Corme Aldea e o lugar de Guxín viven momentos de tensión por mor da cercanía das lapas. Mobilizada a Unidade Militar de Emerxencias con base en León. Rexistrados incendios en Carballo e Camariñas. En Xaviña, veciños evacuados e nivel 2 de emerxencia.

Costa da Morte

Dende as dúas e cuarto da tarde, Ponteceso vive de novo o pesadelo dos lumes forestais. En concreto Corme Aldea e Guxín, localidades cercadas polas lapas e que provocaron a evacuación de veciños debido a proximidade do lume. A situación provocou que a Xunta declarase o nivel 2 da emerxencia polo perigo existente para as vivendas. Ás seis da tarde o incendio xa superaba as 20 hectáreas.

O forte vento está a ser, unha vez máis, un problema para controlar a virulencia das lapas. Medio Rural mobilizou 10 brigadas, 10 motobombas, 2 pás, un técnico e 3 unidades de apoio. As malas condicións climatolóxicas provocaron que os dous helicópteros e dous avións que foran asignados, tiveran que retornar á base debido aos fortes refachos de vento. Ademáis, o Concello da Coruña desprazou a tres dotacións de bombeiros para axudar nas tarefas de extinción, logo de ser requeridas polo 112. Tamén foron mobilizados efectivos da Unidade Militar de Emerxencias con base en León. Varias unidades viaxan cara a zona do incendio para unirse ás tarefas de extinción.

A media tarde procedeuse á evacuación das persoas que foran realoxadas no pavillón de Corme. Dende alí se lles trasladou ao polideportivo de Ponteceso debido á proximidade do lume. A densidade do fume e o perigo do incendio provocaron que a estrada AC-424, que comunica Corme Porto con Corme Aldea, permanecese pechada ao tráfico durante boa parte da tarde. A última hora da xornada a circulación foi restablecida.

Ademáis, os danos producidos polo incendio forestal poden ser os causantes dun apagón na suministración eléctrica que sufriu a veciñanza polo serán. Un apagamento que afectou tamén á cobertura móbil.

Camariñas e Carballo

En Camariñas está activo un incendio dende as cinco da tarde no lugar de Xaviña. Ali traballan dúas brigadas, un axente, tres motobombas e un técnico. A última hora da tarde foron evacuados os veciños do lugar de Chandeira por mor da cercanía das lapas. Tamén no Pedrouso a situación volveuse complicada, con perigo para as vivendas, o que levou Á Xunta a decretar tamén o nivel 2 da emerxencia. Varias persoas loitaban alí cos seus propios medios contra o lume e denunciaban a ausencia de axuda para extinguir o incendio. No lugar de Carballo de Arriba tamén se rexistrou un incendio que está estabilizado dende as 17:35 e no que actuaron tres brigadas, un axente e un helicóptero.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir