Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Morre unha muller arrastrada pola corrente en Lires

Foron rescatados un neno de 6 anos que se recupera na UCI do Materno Infantil e un home que xa foi dado de alta

Cee

Unha moza de 24 anos perdeu a vida na tarde do martes 26 de agosto no areal de Lires, no concello de Cee. Nunha xornada onde o estado do mar parecía propio doutras épocas do ano, a vítima, xunto co seu sobriño de seis anos e o home, foron levados pola corrente á altura da desembocadura do río Castro que separa a praia de Nemiña da de Lires. O cativo e o varón puideron sair da auga axudados por outros bañistas, pero pese aos esforzos na reanimación, nada se puido facer por salvar a vida da rapaza. A falecida e os seus acompañantes son de nacionalidade colombiana e residen en Madrid, dende onde se trasladaron a pasar as vacacións na Costa da Morte.

Foi unha tarde tráxica a de onte en Lires. A corrente do río e o estado do mar prácticamente enguliron aos tres accidentados. O cartivo e seu tío puideron ser rescatados e trasladados ao Hospital Comarcal aqueixados de diversos golpes, o adulto xa foi dado de alta, mentres o menor foi trasladado dende Cee ao Hospital Materno Infantil da Coruña, onde continúa ingresado na UCI. A peor parte foi para a tíai do cativo. Pese aos esforzos por reanimala por parte dos usuarios da praia como por persoal de Protección Civil e 061, non foi posible rematar con éxito as manobras de resucitación. Ata o lugar trasladáronse dende Camariñas a Salvamar Altair de Salvamento Marítimo, unha embarcación do Servizo de gardacostas, ademáis do Helimer e outro helicóptero medicalizado do 061. A praia de Lires carece de servizo de socorristas e pese ao despregamento de medios, nada se puido facer por salvar a vida da vítima. No areal ceense está prohibido o baño dende hai anos debido á contaminación da auga, hai tamén carteis que indican a perigosidade das correntes.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir