Evacuado en helicóptero un home que facía barranquismo no río Xallas
Ante a imposibilidade realizar o rescate por terra optouse por mobilizar o helicóptero de salvamento
Pouco antes dio mediodía deste mércores 27 o 112 recibía o aviso da presenza dun home ferido nunha perna, aparentemente fracturada, nunha zona de difícil acceso do río Xallas, no Ézaro.
Mobilizouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, a Garda Civil e Protección Civil de Dumbría. Dada a imposibilidade de evacuar por terra á vítima, solicitouse a intervención aérea, Salvamento Marítimo desprazou ao lugar o helicóptero Pesca 2 que procedeu ao rescate e posterior trasladalo ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
A vítima estaba practicando barranquismo xunto a un grupo de amigos na zona do río Xallas que vai dende o encoro de Sta. Uxía e a Fervenza do Ézaro.
Rescate no Ézaro
José Manuel Mira