Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Costa da Morte non é allea a suba do desemprego

A bisbarra experimenta un aumento de 127 desempregados coincidindo co remate da campaña de verán

Costa da Morte

A fin da campaña de verán acostuma a levar aparellada unha suba do paro e neste 2025 a tendencia non é diferente. O mes de agosto deixou 127 desempregados na comarca, nunha tendencia con especial acento en Bergantiños, con 97 parados máis respecto ao mes anterior. Nas terras de Soneira son 21 as persoas que perderon o seu emprego a 31 de agosto e na comarca de Fisterra 9.

En Bergantiños é onde se deron as peores cifras no mes de agosto con 97 parados máis respecto a xullo. Só Laxe conseguiu baixar nunha persoa o seu rexistro de desempregados. Carballo liderou a subida con 58, seguido de A Laracha con 15, Ponteceso con 10, Malpica 7, Cabana 5 e Coristanco 3.

Nas Terras de Soneira hai 21 novos parados, con 14 rexistrados en Vimianzo, 4 en Zas e 3 en Camariñas. Na zona de Fisterra o aumento é de 9, cun só concello, Corcubión onde baixa en 3 persoas. As subidas encabézaas Fisterra con 5, Dumbría 3 e Cee e Muxía con 2. En Carnota o paro baixou nunha persoa e en Mazaricos aumentou noutra.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir