Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Berocasión pecha un ano de récord

Foron vendidos 114 vehículos nunha edición deslucida pola choiva

As feiras de vehículos de ocasión aumentan o seu volume de ventas e Berocasión é boa mostra desa tendencia / Cadena SER

As feiras de vehículos de ocasión aumentan o seu volume de ventas e Berocasión é boa mostra desa tendencia

Carballo

Satisfacción entre os organizadores de Berocasión. A feira carballesa do vehiculo de ocasión pechou unha edición de 2025 que os seus organizadores califican de "histórica" logo de completar 114 operacións de venta. A cifra supón un 60% máis respecto a 2024.

O incremento experimentado neste 2025 non só afectou ás ventas, xa que o público puido escoller entre 500 coches, 130 de incremento respecto á última edición. Deste xeito aumentou a zona de exposición de vehículos, dando cabida a 18 cocesionarios, supoñendo unha nova marca respecto aos 13 de 2024.

No tocante ás cifras de negocio, o prezo medio dos vehículos vendidos estivo nos 18.000 euros, o que supón un volume de facturación de máis de 2 millóns de euros. Outro factor que valoran positivamente dende a organización é que boa parte das ventas completadas tiveron coma protagonistas a compradores de fóra da provincia.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir