Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta sinala o proxecto Couto Florido como modelo de recuperación do rural con intervencións paisaxísticas, flora autóctona e dinamización social

O proxecto contou coa implicación do Instituto de Estudos do Territorio (IET), que achegou 18.000 euros, e das fundacións Juana de Vega e Eduardo Pondal

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou hoxe en Ponteceso que o proxecto Couto Florido é un exemplo de como o rural pode revivir a través de actuacións ambientais e participativas. A iniciativa, desenvolvida na aldea do Couto mediante colaboración público-privada, impulsou intervencións na paisaxe, na flora autóctona e na dinamización social, cun enfoque sostible que a Xunta considera replicable noutras aldeas galegas.

O proxecto contou coa implicación do Instituto de Estudos do Territorio (IET), que achegou 18.000 euros, e das fundacións Juana de Vega e Eduardo Pondal, no marco das estratexias autonómicas de Infraestrutura Verde e Biodiversidade 2030. Desde marzo desenvolvéronse tres fases –Sementes, Maio florido e Colleita– que combinan diagnose, intervención e mantemento comunitario, sempre coa participación veciñal.

En marzo, máis de 50 persoas achegaron 89 propostas de mellora paisaxística. En maio plantáronse 15 especies florais autóctonas e instaláronse máis de 35 xardineiras de barro de Buño e madeira en rúas e fachadas, xunto con accións culturais e artísticas. A xornada final, Colleita, incluíu unha ruta para coñecer os resultados e a entrega de galardóns ás persoas que colaboraron, con 10 novas xardineiras a xogo coas xa empregadas no proxecto.

Ángeles Vázquez subliñou que a experiencia demostra que “revivir as zonas do rural é posible contando coas persoas” e fixo un chamamento a sentir orgullo pola implicación veciñal, especialmente da xente máis nova, no coidado da paisaxe e do patrimonio natural.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir