Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

As familias de Redondela xa poden recoller as axudas ao material escolar

Este vale de 70€ pode ser trocado por material escolar e libros nas librarías locais que participan na iniciativa

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

O Concello de Redondela pon a disposición de máis de cen familias unha axuda de 70 euros para a compra de libros e material escolar. Esta iniciativa, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 5 anos matriculados en centros de Educación Infantil do municipio, supón un investimento total de máis de 7.000 euros por parte do goberno local.

As familias que cumpren os requisitos da convocatoria xa poden recoller o vale no Concello en horario de 9.00 a 11.00. Tamén é posible solicitar unha cita fóra deste horario chamando ao 986 400 300. Este vale de 70 euros pode ser trocado por material escolar e libros nas librarías locais que participan na iniciativa.

A alcaldesa, Digna Rivas, subliña que, aínda que non sexa unha competencia municipal, o Concello realiza este esforzo para "axudar ás familias que o precisan cos gastos de escolarización dos nenos e nenas".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir