Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Atopan mortos a dous septuaxenarios en Coucieiro (Muxía)

Ambos vivían sos e en vivendas separadas por apenas 500 metros

Pesar en Muxía polo pasamento de ambos veciños / Enrique Díaz / 7cero

Pesar en Muxía polo pasamento de ambos veciños

Muxía

Consternación na parroquia de Coucieiro logo do pasamento de dous veciños de avanzada idade en circunstancia que inda están por aclarar. Trátase dun varón e unha muller de 72 e 70 anos respectivamente e que aparecen mortos nas súas vivendas.

A Policía Local de Muxía recibiu un aviso ás 23 horas de onte por parte dun particular que tentaba poñerse en contacto coa muller de xeito infructuoso. As forzas de seguridade tampouco foron capaces de contactar coa muller e unha vez desprazadas á vivenda, situada en Vilarmide, coa colaboración dos bombeiros, puideron comprobar que o corpo da muller se atopaba no chan do dormitorio. Na vivenda non había signos de que ninguén tivese entrado pola forza. A porta estaba pechada e coa chave no fecho pola parte interior. A muller vivía soa nesa vivenda.

A uns 500 metros dese lugar se producía o outro falecemento, o dun varón de 72 anos que tamén foi atopado sen vida na súa vivenda. Neste caso o aviso chegou ás 12:30 desta mañán ao botar en falta a presenza deste home dende o pasado venres. O Bombeiros trasladáronse á vivenda situada en Sorna e puideron constatar o falecemento desde home. Neste caso tampouco se pareciaron sinais de forza en ningún acceso á casa. Unha vivenda que na súa porta principal tiña a chave posta pola parte interior da fechadura.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir